Tenda

Patacas para guarnición

Patacas para guarnición

A guarnición con patacas é unha das mái utilizadas. Existen diferentes tipos de guarnicións con patacas que se distinguen a partir da forma de preparar as mesmas.

Categorías: ,
Descripción

A guarnición dun prato é aquela preparación que fai de acompañamento dun prato principal. En esencia, é aquel produto culinario máis ou menos preparado que acompaña, complementa ou adorna unha carne ou un pescado. As guarnicións vexetais, coa ensalada como estrela e as guarnicións baseadas en arroz, pasta e por suposto, as guarnicións con patacas, son as máis comúns.

Nas súas múltiples variedades a guarnición con patacas fai o prato máis atractivo. Como se consegue? O contraste de cor e o complemento ao sabor do prato principal son as fórmulas máis habituais.

Como xa dixemos, existen diferentes guarnicións con patacas, que se distinguen a partir da maneira de preparar as mesmas.

  • Guarnicións con patacas fritas. Ideais para acompañar tanto carne como pescado. O sabor das patacas fritas é o complemento perfecto a calquera prato.
  • Guarnicións de patacas ao forno. Tenras, xugosas e con moito sabor. Engade un pouco de herbas aromáticas e os resultados serán espectaculares.
  • Guarnicións con patacas cocidas. Amplamente usadas en Galicia con carnes, pescados, polbo… son irresistibles.
  • Guarnicións con puré de patacas. Lonxe de ser algo aburrido ou sen sabor, o puré de patacas é un dos mellores acompañamentos que podes colocar sobre a mesa. O seu forte é o contraste de texturas.

Pataca especial para guarnición. Características

  • Calibre: 28-45 mm
  • Forma dos tubérculos: ovalada
  • Pel fina e de cor amarela
  • Cor da carne: amarela clara
  • Lavada natural