Condicións de compra

Condicións de compra

As condicións de compra (en adiante as Condicións) expostas deseguido regulan a venda dos produtos do sitio web “www.patatasconde.com” ou tenda online presentado por Patatas Conde, S.L., (en adiante, PATATAS CONDE), con sé social en Xinzo de Limia, Ctra. Nac. 525, Km. 200 – 32630 Ourense, e con enderezo de correo electrónico info@patatasconde.com, CIF número B-32034423, e inscrita no Rexistro Mercantil de Ourense, Tomo 120, Libro 42, sección 2ª, folio 13, folla 1375

Pregámoslle ler detidamente as Condicións antes de usar esta páxina web. Cando utilizar ou fixer un pedido por medio desta páxina web, vostede acepta as Condicións e consinte ficar vinculado por elas, polo que se vostede non concordar co contido íntegro das Condicións, non deberá de utilizar esta páxina web. Estas Condicións poden ser modificadas en calquera momento, ficando aplicábeis as Condicións vixentes no momento do uso da páxina web.

01. ENVÍOS

A) Para España

Envío Express: O prazo de entrega máximo é de 48 horas en días laborais.

O envío é gratuíto, independentemente do importe da compra.

Os prazos de envío poderán variar en períodos promocionais, de rebaixas ou en caso de falta de dispoñibilidade nos nosos almacéns.

Envíos a Canarias, Illes Balears, Ceuta e Melilla

Actualmente non realizamos envíos a Canarias, Illes Balears, Ceuta e Melilla. Estamos a traballar para mellorar os nosos envíos e poder ofrecer esta posibilidade axiña.

B) Para Europa

Actualmente non realizamos envíos a Europa. Estamos a traballar para mellorar os nosos envíos e poder ofrecer esta posibilidade axiña.

C) Condicións de envío

O envío dos artigos mercados en PATATAS CONDE é realizado por unha empresa de mensaxaría. Os prazos poden variar en envíos realizados en períodos de rebaixas ou promocións, así como a zonas que impliquen xestión aduaneira.

Entenderase que o pedido foi entregado correctamente cando for asinada a súa recepción no enderezo de entrega convido.

A fin de evitar incidencias na entrega (tal como enderezos erróneos, imposibilidade de atopar alguén no domicilio, etc.), é imprescindíbel cubrir correctamente o formulario de compra, sendo tamén recomendábel facilitar un teléfono de contacto no cadro correspondente. Igualmente, poderá realizarse o seguimento dos pedidos na páxina web da nosa mensaxaría.

02. CAMBIOS E DEVOLUCIÓNS

Os cambios tramitados xerarán a substitución do artigo adquirido por outro da mesma referencia. As devolucións xerarán o reembolso do importe aboado polo cliente.

En ambos casos, non se fará uso dun servizo de recollida do produto que houber que cambiar ou devolver, e ficará en decisión do cliente o destino final que recibirá dito produto.

2.1. CAMBIOS

Se non quedar satisfeito logo de recibir o pedido, Patatas Conde pon á súa disposición o servizo de cambio a domicilio nun prazo de 14 días. Estes prazos teñen validez desde a data da súa recepción.

Non se admitirá o cambio dun artigo por outro distinto. Para cambiar un artigo por outro diferente, cumprirá devolvelo e realizar unha nova compra. O servizo de cambio fica limitado a un único cambio por pedido, e poderá incluír tantos artigos do pedido como requirir.

Como proceder:

  1. Contacte con Atención ao Cliente no teléfono 988 462 477, enviando un e-mail a info@patatasconde.com para solicitar o cambio do artigo ou artigos que desexa realizar.
  2. Os nosos axentes solicitaranlle o número de pedido así como unha proba fotográfica que faga referencia ao aspecto defectuoso do artigo.
  3. 3. Após confirmar o cambio, os nosos axentes notificaranllo e enviaranlle un mensaxeiro ao seu domicilio ou oficina nos mesmos termos e condicións ca nun novo pedido.
  4. O noso servizo de mensaxaría realizará a xestión e entregaranlle o artigo de substitución dentro do horario previsto.

2.2. DEVOLUCIÓNS

Poderán devolverse de balde tódolos artigos adquiridos que non foren da completa satisfacción do cliente. Após recibir o pedido, dispón dun prazo máximo de 14 días naturais para notificar e xestionar a devolución.

Non concorrerá en ningún gasto como consecuencia do reembolso.

Como proceder:

  1. Contacte con Atención ao Cliente no teléfono 988 462 477, enviando un e-mail a info@patatasconde.com para solicitar a devolución do artigo ou artigos que desexa realizar.
  2. Os nosos axentes solicitaranlle o número de pedido así como unha proba fotográfica que faga referencia ao aspecto defectuoso do artigo.
  3. Os nosos axentes poranse en contacto de novo para confirmar a devolución.

C) Devolución do importe

No caso de realizar o pagamento por transferencia ou contra reembolso, o cliente deberá incluír no formulario de devolución o número de conta corrente no que desexa recibir o ingreso.

A devolución dos cartos efectuarase na súa conta bancaria (no caso de pagar contra reembolso ou mediante transferencia) ou directamente na súa tarxeta (no caso de pagar con tarxeta de crédito ou débito). Esta opción implica un proceso de xestión, polo que a devolución se fará efectiva nun prazo aproximado de 14 días hábiles.

D) Condicións de devolución

PATATAS CONDE non aceptará cambios ou devolucións que non fosen comunicados previamente polas vías indicadas.

Para calquera reclamación, é imprescindíbel a presentación da factura de compra.

E) Dereito de desestimación

O cliente ten dereito a desistir do presente contrato nun prazo de 14 días naturais sen necesidade de xustificación.

O prazo de desestimación expira aos 14 días naturais do día no que o cliente adquirir os bens.

Para exercer o dereito de desestimación, cómpre notificarnos a decisión de desistir do contrato por medio dunha declaración inequívoca (por exemplo, unha carta enviada por correo postal ou correo electrónico):

Correo postal: PATATAS CONDE, S.L. Ctra. Nac. 525, Km. 200 – 32630 Xinzo de Limia, Ourense

Teléfono: 988 462 477

Enderezo electrónico: info@patatasconde.com

Para cumprir o prazo de desestimación, abonda con enviar a comunicación relativa ao exercicio deste dereito antes de o prazo correspondente vencer.

Consecuencias da desestimación

No caso de desestimación, devolverémoslle ao cliente tódolos pagamentos recibidos trala compra, sen ningunha delonga indebida e, en todo caso, a máis tardar 14 días naturais a partir da data na que nos informe da decisión de desistir do presente contrato. Efectuaremos dito reembolso empregando o mesmo medio de pagamento empregado polo cliente para a transacción inicial, agás o cliente dispoñer expresamente o contrario. En todo caso, non concorrerá en ningún gasto como consecuencia do reembolso.

Poderemos reter o reembolso até recibir os bens, ou até o cliente presentar unha proba da súa devolución, segundo a condición que se cumpra primeiro.

Só será vostede responsábel da diminución do valor dos bens resultante dunha manipulación distinta á necesaria para establecer a natureza, as características e o funcionamento dos bens.

03. FORMAS DE PAGAMENTO E SEGURIDADE

PATATAS CONDE Online só aceptará pagamentos mediante transferencia, tarxeta de crédito ou débito (Visa e MasterCard) e contra reembolso (só para territorio español: península e Baleares).

Para a opción de pagamento por transferencia, o número de conta desde a que se realice o abonamento deberá de ser unha conta corrente dun banco do país de facturación do pedido. Tódolos gastos derivados de realizar o pagamento por transferencia irán a cargo do cliente. Para efectuar a transferencia, facilitaráselles aos clientes o número de conta na que deberán de realizar o ingreso. Para pedidos no territorio nacional (España) o número de conta é: IBAN ES26-0182-5522-16-0208532888 e BIC/Código SWIFT: BBVAESMMXXX.

Na referencia, é moi importante que o cliente remita o seu número de pedido e nome completo.

Ex.- 700101571 – Rosalía De Castro

O pagamento deberá de realizarse nun prazo de cinco días laborais a partir da data na que se realizou o pedido. O pedido non se considerará aceptado até que se constante efectivamente a recepción do ingreso. Se PATATAS CONDE non recibir o importe correspondente após cinco días hábiles, procederase á cancelación da compra.

Nos pagamentos con tarxeta de crédito ou débito, o cargo realizarase en tempo real por medio da pasarela de pagamento da entidade financeira correspondente, logo de comprobarse a autenticidade dos datos comunicados.

PATATAS CONDE utiliza sistemas de pagamento seguro de entidades financeiras de primeira liña en comercio electrónico, co obxectivo de ofrecer a máxima seguridade. Neste senso, PATATAS CONDE identifícase como comerciante de comercio electrónico (comerciantes con tarxetas ausentas) e non almacena, procesa nin transmite datos de titulares de tarxeta en formato electrónico nos seus sistemas ou instalacións.

PATATAS CONDE confirma que para esta canle de pagamento:

  • A empresa só manexa transaccións con tarxeta ausente (comercio electrónico e ordes por correo/teléfono);
  • Todo o procesamento dos datos dos titulares das tarxetas terceirízase totalmente a procesadores de pagamento externos validados polas PCI DSS:
  • A empresa non almacena, procesa nin transmite en forma electrónica datos dos titulares de tarxetas nos seus sistemas ou locais, mais depende completamente de un ou varios terceiros que realizan estas funcións;
  • A empresa confirmou que o terceiro ou os terceiros que manexan o almacenamento, o procesamento e/ou a transmisión dos datos dos titulares de tarxetas cumpren coas PCD DSS; e
  • A empresa só retén informes ou recibos en papel cos datos dos titulares de tarxetas, e estes documentos non se reciben por medios electrónicos.

Ademais, para as canles de comercio electrónico:

  • A totalidade das páxinas de pagamento que se entregan ao explorador do consumidor teñen a súa orixe directamente nos provedores dos servizos externos validados polas PCI DSS.

PATATAS CONDE resérvase o dereito de comprobar os datos persoais facilitados polo cliente e adoptar as disposicións que considere oportunas (incluída a cancelación do pedido), co obxectivo de colaborar na prevención do fraude por medio de Internet, para a mercancía adquirida ser entregada de conformidade cos datos que figuran no pedido.

PATATAS CONDE emitirá unha factura que se adxunta no email de confirmación de compra, logo de o pedido for enviado de nosos almacéns. PATATAS CONDE advirte que non poderá modificar posteriormente as facturas de venda en cumprimento coa norma vixente. (Real Decreto 1496/2003 sobre normas de facturación, modificado por Real Decreto 87/2005). A factura emitirase a nome da persoa física ou empresa que realiza o pedido, polo que o cliente debe procurar o pedido ser realizado co nome correcto. Non será posíbel realizar cambios posteriores.

04. MOEDA E IMPOSTOS

Os prezos desta páxina web están en euros.

Após cubrir a orde de compra e antes de realizar o pagamento, facilitarémoslle un resumo final identificando o/os artigo/s adquirido/s e o seu prezo total (incluídos transporte e impostos).

Segundo a lexislación vixente, PATATAS CONDE ten a obriga de repercutir IVA ao tipo legalmente establecido no seu momento, conforme o caso.

O prezo e outras condicións e características de cada produto son as que aparecen na páxina web no momento de realizar a súa solicitude de compra, agás erro manifesto. No caso de erro manifesto sobre o prezo ou calquera outra característica dun produto, comunicaráselle esta circunstancia e non estará obrigado a tramitar a compra.

05. GARANTÍAS DE COMPRA

A garantía legal dos produtos ofrecidos por Patatas Conde é a que se establece no Real Decreto Lexislativo 1/2007 de 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios.

Agás for estimado o contrario, entenderase que os produtos son conformes co contrato sempre que cumpriren tódolos requisitos que se expresan deseguido:

1- Se axusten á descrición realizada polo vendedor e teñan as calidades do produto que o vendedor lle presentase ao consumidor e usuario na páxina Web ou en forma de mostra ou modelo.

2-Sexan aptos para os usos a que ordinariamente se destinen os produtos do mesmo tipo.

3-Presenten a calidade e prestacións habituais dun produto do mesmo tipo que o consumidor e usuario puideren fundadamente esperar, tendo en conta a natureza do produto.

A Lei de Defensa de Consumidores se Usuarios ofrece un prazo de garantía de dous anos desde a recepción do produto. Porén, dito prazo ficará condicionado pola natureza do propio produto, cando a súa vida útil for inferior ao prazo de garantía marcado pola Lei, como é o caso dos produtos perecedoiros.

PATATAS CONDE realiza un traballo fotográfico para amosar os artigos da forma máis real posíbel. Porén, os artigos poden estar suxeitos a variacións de cor dependendo da calibración do seu monitor.

06. CONTACTO

Para calquera tipo de dúbida, consulta ou suxestión, pode enviarnos os seus comentarios por correo postal ao Dpto. Atención Cliente, Ctra. Nac. 525, Km. 200 – 32630 Xinzo de Limia, Ourense, por correo electrónico: info@patatasconde.com, chamándonos ao número de teléfono 988 462 477 de luns a venres de 9:00h a 18:00h.

07. SEGURIDADE E CONFIDENCIALIDADE DE DATOS

En PATATAS CONDE valoramos a súa confianza en nós. Por iso, o noso maior compromiso é certificar a confidencialidade dos seus datos. As ideas, suxestións ou calquera outra información que decida facilitarnos, só será utilizada para proporcionarlle un servizo mellor, cumprindo en todo momento o recollido deseguido en materia de protección de datos de carácter persoal.

08. COOKIES

Tamén lle informamos de que para mellorar a súa experiencia de navegación, xestionar o contido da súa cesta, ofrecerlle os nosos consellos personalizados e informarlle online das nosas ofertas para clientes, a nosa páxina web utiliza dispositivos de implantación de cookies e almacenamento de IP. A cookie é un ficheiro que depositamos no seu equipo cuxo único obxectivo é simplificar a súa navegación en www.patatasconde.com (esta cookie non pode conter virus nin ser executada, porque non é un ficheiro activo). A cookie só pode ser lida por www.patatasconde.com e por vostede e, se quixer, pode borrala nas opcións do seu navegador. Consulte o menú de Política de Cookies para máis información.

09. NORMATIVA EN MATERIA DE PROTECCIÓN DE DATOS

Os datos de carácter persoal que nos proporciona o Usuario e os que nos facilite en calquera momento serán incluídos nun ficheiro automatizado do que é responsábel PATATAS CONDE, coa finalidade de manter e desenvolver relacións co Usuario e informarlle de futuras ofertas comerciais e publicitarias por calquera canle de comunicación dispoñíbel. Estes datos poderán ser cedidos a outras empresas do grupo ou terceiros colaboradores de PATATAS CONDE, estean dentro ou fóra do territorio español, e ofrezan un nivel de protección equiparábel ao establecido na normativa europea.

O Usuario poderá, en calquera momento, exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión de datos, portabilidade de datos, limitación ou oposición ao seu tratamento, transparencia e dereito a non ser obxecto de decisións automatizadas, nos termos establecidos na normativa vixente, dirixíndose a PATATAS CONDE en info@patatasconde.com, ou por teléfono ao número 988 462 477.

A confidencialidade dos seus datos constitúe para nós o noso máximo compromiso, polo que as ideas, suxestións ou calquera outra información que nos facilitar, será utilizada exclusivamente para ofrecerlle un servizo mellor, cumprindo en todo momento o recollido en materia de protección de datos de carácter persoal.

10. REXISTRO

Para efectuar un pedido en PATATAS CONDE Online, os usuarios non poderán rexistrarse e tan só cubrirán os datos necesarios para a súa facturación e envío.

11. DISPOÑIBILIDADE DOS PRODUTOS

Os pedidos de produtos están suxeitos á súa dispoñibilidade. Neste senso, se se produciren dificultades de subministro de produtos ou se non quedaren artigos en stock, reservámonos o dereito de facilitarlle información sobre produtos substitutivos de calidade e valor igual ou superior que vostede poderá encargar. Se non desexa facer un pedido deses produtos substitutivos, reembolsarémoslle calquera cantidade que aboase. No caso de faltar stock, PATATAS CONDE resérvase o dereito de cancelar o pedido logo de informarllo ao cliente.

Reservámonos o dereito a retirar, introducir e modificar en calquera momento os artigos expostos á venda na nosa páxina web.

12. PROPIEDADE DO SITIO WEB

Os elementos desta web foron deseñados para vender produtos identificados coas marcas PATATAS CONDE e os seus derivados. A súa copia ou utilización non implica a transferencia de ningún dereito. En consecuencia, queda expresamente prohibida a reprodución, publicación, transmisión, modificación ou distribución por calquera medio das unidades configuradoras (software incluído) deste sitio web.

As fotografías, imaxes, ilustracións, deseños, gráficos, iconas e calquera outro elemento que for parte da web son propiedade exclusiva de PATATAS CONDE.

13. COBERTURA DA OFERTA

Os artigos da tenda de PATATAS CONDE distribúense ao estados membros da Unión Europea: España. As persoas físicas que non residiren no/nos país/es anteriormente mencionados só poderán efectuar o servizo de compra online se o enderezo do envío do pedidor estiver nalgún dos países ou territorios sinalados.

14. LÍMITE DE COMPRA

A compra de produtos PATATAS CONDE non está permitida para a súa posterior revenda. En consecuencia, non se poderán realizar compras por un importe superior a 1500 euros. Os clientes interesados en realizar compras por un importe superior para outros fins distintos á revenda, deberán de poñerse en contacto co Servizo de Atención ao Cliente, onde se lles facilitará a información referente a como realizar a compra desexada.

15. LEXISLACIÓN APLICÁBEL. SUBMISIÓN AFOROS

As compra-vendas realizadas en www.patatasconde.com están sometidas á lexislación española. No suposto de xurdir calquera conflito ou discrepancia na interpretación ou aplicación das presentes condicións contractuais, os Xulgados e Tribunais que, no seu caso, coñecerán o asunto, serán os que dispoña a normativa legal aplicábel en materia de xurisdición competente, na que se atende, tratándose de consumidores finais, ao lugar do cumprimento da obrigación ou ao do domicilio da parte compradora.

Se a parte compradora tiver o seu domicilio fóra de España, ou se se tratar dunha compra-venda realizada por unha empresa que actúa no marco da súa actividade empresarial ou profesional, ambas partes fican sometidas aos Xulgados e Tribunais de Ourense (España), con renuncia expresa a calquera outro foro.

Neste senso, se a adquisición entre vostede e nós se celebrou online a través do noso sitio web, de acordo co Regulamento n.º 524/2013 da UE, informámoslle de que vostede ten dereito a solicitar con nós unha resolución extraxudicial de controversias en materia de consumo accesíbel por medio do enderezo de Internet http://ec.europa.eu/consumers/odr/