Este Aviso Legal regula o uso do sitio web www.patatasconde.com (en adiante, o “Sitio Web”) que a empresa, Patatas Conde, S.L., pon a disposición de calquera usuario (en adiante “o Usuario”). Por medio do Sitio Web, os Usuarios poden acceder á información dos servizos ofrecidos por Patatas Conde, S.L., así como aos eventos e novidades da corporación (en adiante, “os Contidos”).
De acordo co deber de información estipulado no artigo 10 da Lei 34/2002 de 11 de xullo de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, comunicámoslle os datos identificativos do titular do sitio web, esixidos por referida norma:
A persoa que acceder e/ou usar o Sitio Web recibirá a condición de Usuario e, desde ese momento, aceptará plenamente e sen ningunha reserva as presentes condicións xerais. A presente información conforma e regula as condicións de uso, as limitacións de responsabilidade e as obrigas que asumen e se comprometen a respectar os usuarios da páxina web, que se publica co nome www.patatasconde.com, e dos distintos portais de internet da súa propiedade (en adiante, os “Usuarios” e o “Portal”).
O Usuario comprométese a utilizar o Sitio Web e os contidos de acordo coas leis e as presentes Condiciones Xerais (e as súas posteriores modificacións), así como cos bos costumes de Internet xeralmente aceptados e a orde pública. O Usuario desistirá de utilizar a Páxina se non estiver conforme coas cláusulas e condicións de uso deste Aviso Legal. Patatas Conde, S.L. poderá establecer limitacións e/ou condicións adicionais para usar e/ou acceder ao Sitio Web e/ou aos Contidos, que deberán de ser observadas polos Usuarios en todo caso.
Igualmente, o Usuario comprométese a non:
Toda a información contido no Sitio Web, incluído calquera tipo de contido, texto, imaxe, deseño gráfico ou código en linguaxe HTML, JAVA, JavaScript ou ActiveX, entre outros, é propiedade intelectual, cuxa titularidade corresponde a Patatas Conde, S.L., e/ou a terceiros. Dita propiedade intelectual e industrial está protexida pola lexislación nacional e internacional sobre propiedade intelectual e industrial. O Usuario deberá de respectar en todo momento tódolos dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre o Sitio Web, titularidade de Patatas Conde, S.L., ou de terceiros.
Por medio destas Condicións Xerais, non se cede ningún dereito de propiedade intelectual ou industrial sobre o Sitio Web nin sobre os Contidos, marcas, nomes comerciais e/ou signos distintivos que aparecen no Sitio Web, quedándolle expresamente prohibidos ao Usuario a reprodución, transformación, distribución, comunicación pública, posta a disposición, extracción, reutilización, reenvío ou a utilización de calquera natureza, por calquera medio ou procedemento, de calquera deles, agás nos casos cando estiver legalmente permitido ou for autorizado polo titular dos correspondentes dereitos.
O uso non autorizado dos artigos e información contida no Sitio Web pode supor a violación da lexislación sobre propiedade intelectual ou industrial e doutras leis aplicábeis. Calquera infracción destes dereitos pode dar lugar aos procedementos extraxudiciais ou xudiciais civís ou penais que corresponderen.
Para efectos de preservar os posíbeis dereitos de propiedade intelectual e industrial, no caso de calquera Usuario ou un terceiro consideraren que se produciu unha violación destes dereitos, deberá notificarlle dita circunstancia, por escrito, a Patatas Conde, S.L., utilizando os datos de contacto que constan nas presentes Condicións Xerais.
Patatas Conde, S.L. pode, ocasionalmente, actualizar e/ou modificar as presentes Condicións Xerais segundo o seu criterio para cumprir coa lexislación en vigor ou a que se promulgar no futuro.
O Usuario acepta o carácter obrigatorio das modificacións ou cambios que se realizaren. Estas modificacións entrarán en vigor a partir dos 7 días naturais seguintes á data de publicación das Condicións Xerais modificadas. O Usuario acepta que o uso continuado que fixer do Sitio Web despois da data de entrada en vigor das Condicións Xerais indicará a súa conformidade con estas modificacións.
Patatas Conde, S.L. resérvase o dereito de modificar en calquera momento a presentación, configuración e localización do Sitio Web, así como os Contidos e as condicións requiridas para utilizalos. Vostede comprométese a revisar sempre a versión máis recente das Condicións Xerais dispoñíbel no Sitio Web: www.patatasconde.com
Patatas Conde, S.L. non outorga ningunha garantía nin se fai responsábel, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puideren derivarse do acceso ou uso dos Contidos ou do Sitio Web. Entre outras, e sen limitarse a estas, Patatas Conde, S.L. non se fai responsábel das seguintes circunstancias:
Patatas Conde, S.L., non se fará responsábel dos danos indirectos, relacionados con ou derivados das presentes Condicións Xerais (incluído para tal efecto lucro cesante, perdas de uso, datos ou outras vantaxes económicas), sexa cal for a causa.
A visita a este Sitio Web non supón o usuario estar obrigado a facilitar ningunha información sobre si. Patatas Conde, S.L. infórmalle que tratará os datos de carácter persoal nos termos da Política de Protección de Datos de Carácter Persoal do Sitio Web que se redacta máis adiante.
Aqueles Usuarios que desexaren establecer un hipervínculo, enlace ou link entre o seu Sitio Web e o Sitio Web terán de gozar da autorización previa de Patatas Conde, S.L., presentando unha solicitude ao seguinte enderezo de correo electrónico: info@patatasconde.com, ficando suxeitos ao cumprimento das seguintes obrigas:
A duración da prestación do servizo do Sitio Web e dos Contidos é de carácter indefinido. Sen prexuízo do anterior, Patatas Conde, S.L. reserva o dereito de interromper, suspender ou terminar a prestación do servizo do Sitio Web ou de calquera dos Contidos que o integraren.
Declarar nula, inválida ou ineficaz calquera das cláusulas destas Condicións Xerais non afectará a validez ou eficacia das restantes, que seguirán sendo vinculantes entre as partes. A renuncia por calquera das partes a esixir nun momento determinado o cumprimento dunha das Condicións Xerais aquí estipuladas non comportará unha renuncia con carácter xeral ao cumprimento doutra condición ou condicións, nin creará un dereito adquirido para a outra parte.
Patatas Conde, S.L. resérvase o dereito a exercer as accións pertinentes en dereito para esixir as responsabilidades derivadas do incumprimento de calquera das disposicións destas Condicións Xerais de Uso do Sitio Web por parte dun Usuario.
O presente Aviso Legal réxese pola lexislación europea. Patatas Conde, S.L. e os Usuarios, con renuncia expresa ao seu propio foro, sométense aos Xulgados e Tribunais de Ourense para resolver cantos litixios puideren derivarse do uso do Sitio Web e dos Contidos.