Nós

Historia de Patatas Conde

A nosa empresa deu os seus primeiros pasos na década dos 70. Con apenas uns sacos de patacas, moito tesón e despois de anos de traballo duro, José Luis Conde Bugueiro puido abrir un pequeno almacén de patacas ubicado na Praza de Marina, na cidade de Ourense.

Logo antiguo color

A base de constancia e bo facer, o almacén dá os seus froitos. Isto permitiu, xa na década dos 80, que a empresa ampliara o seu campo social á venta de patacas ao por maior trasladándose á zona produtora de patacas por excelencia en Galicia. Falamos, claro está, de Xinzo de Limia. Construíronse naves con innovacións tecnolóxicas importantes, destacando a capacidade de conservación en frío e o lavado da pataca. Desde ese centro e sede, iníciase a comercialización do produto a todo o territorio español e tamén a exportación máis alá das nosas fronteiras.

Desde aquela Patatas Conde traballou en conxunto cos maiores produtores de pataca da comarca ourensá da Limia e tamén con outras zonas produtoras do resto do país. A supervisión de todo o proceso foi e é o noso rol fundamental.

Comprar patatas online. Patatas Conde

E así chegamos aos nosos días. Actualmente, Patatas Conde actúa nas tres grandes frontes que demanda o mercado, comercializando:

  • Patacas para industria.
  • Patacas para consumo.
  • Patacas de semente de distintas variedades.

No 2016 lévase a cabo o relevo xeracional para xestionar unha empresa con centros ubicados en Xinzo de Limia (Ourense), Fuentespreadas (Zamora), Villar de Torre (La Rioja) e Valladolid.

Grazas a todo este tempo de traballo e experiencia acumulada, das nosas naves saen arredor de 30 millóns de kilos de pataca da máxima calidade cada ano.

Sempre inquietos, na nosa empresa buscamos seguir crecendo e superarnos. Neste sentido, estamos traballando nun proxecto de expansión de novas tendencias de envasado de produto. Todo isto para acadar, seguir avanzando e dando pasos día a día para a consecución dos nosos obxectivos.

Patatas Conde

No ano 1996 incorporámonos ao Consellor Regulador Pataca de Galicia, co propósito de comercializar os CACHELOS CONDE, a pataca de variedade Kennebec que está amparada por dito consello.

En recoñecemento ao noso labor como envasadores de cachelos fomos galardoados polo Consello Regulador Pataca de Galicia, en varias ocasións, co primeiro premio a plantas envasadoras.

Co afán de seguir mellorando e satisfacendo aos nosos clientes no ano 2004 concédennos a certificación baixo a norma ISO 9001 de Sistema de Xestión da Calidade, para o almacenamento, comercialización e distribución de patacas.

Nese ano entramos a formar parte da “Asociación 5 al día”, como socio profesional, para colaborar na difusión da mensaxe dunha alimentación sá e contribuír á mellora dos hábitos alimenticios da sociedade. No ano 2010 conseguimos a licencia de uso da marca Galicia Calidade, que ampara o noso produto estrela, os Cachelos Conde e que certifica a súa calidade como produto galego.

No ano 2010 conseguimos a licencia de uso da marca Galicia Calidade, que ampara o noso produto estrela, os Cachelos Conde e que certifica a súa calidade como produto galego.

recoger patatas

Asociacións vinculadas

Fepex

É a “Federación Española de Asociaciones de Productores Exportadores de Frutas, Hortalizas, Flores y Plantas Vivas”.  Trátase dunha organización sectorial que ten como principais funcións:

  • Fomento do desenvolvemento e a competitividade dos sectores representados
  • Defensa dos intereses das Asociacións integradas
  • Representación e interlocución ante diferentes administracións
  • Dinamización a través de estudos, protocolos de calidade…
  • Impulso de proxectos

Logotipo Fepex

Asonal

Patatas Conde forma parte da «Asociación Nacional de Producción y Comercio de Frutos y Patatas». O seu principal obxectivo é traballar en beneficio do sector da pataca nos diferentes ámbitos:

  • Orixe
  • Ámbito produtivo
  • Destino
  • Comercialización

5 al día

A “Asociación para la Promoción del Consumo de Frutas y Hortalizas” é unha entidade sen ánimo de lucro que promove o consumo de 5 racións de froita ou verdura ao día entre os máis pequenos da casa. A alimentación é fundamental para o seu bo desenvolvemento físico e psíquico. Como empresa do sector da alimentación estamos encantados de formar parte da iniciativa.

Logotipo 5 al día