Comprar patatas online. Patatas Conde
Comprar cachelos de Galicia de variedade Kennebec. Patatas Conde

DA MELLOR TERRA, O MELLOR FROITO

CACHELOS CONDE

PRODUTO DISPOÑIBLE DE SETEMBRO A MARZO

Variedade Kennebec, presenza de ollos moi superficiais, pel lisa e fina de cor amarela clara, textura firme ao tacto e cremosa ao ser cocida, forma redonda a oval, calibre 45-80 cm, cor da carne branca e calidade excelente para consumo.

NOTICIAS E RECEITAS

Patatas de Galicia. 5 aspectos de máxima calidade

O control de calidade dos cachelos recae principalmente no Consello Regulador da IXP Pataca de Galicia e en nós como envasadores.

1. Os campos a cultivar

Os campos son o primeiro aspecto a controlar. Para cultivar patacas, os terreos nos que se realizará o cultivo deben estar incluídos na zona de produción amparada pola Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia. Patatas Conde opera na subzona da Limia, lugar no que están os nosos provedores-agricultores. Esta área engloba varios concellos do sur da provincia de Ourense, entre os que se atopa Xinzo de Limia e onde están ubicadas as nosas instalacións. As patacas recóllense e van ao almacén no punto máis próximo.

Deste xeito conséguese que o produto estea o máis fresco posible e a súa conservación se realice nas mellores condicións durante os meses de outono e inverno. Só así conseguimos que as propiedades das patacas garanticen a máxima calidade.

2. A semente da pataca

As sementes da pataca son o segundo aspecto a controlar. As patacas Kennebec son a única variedade aceptada para o cultivo proporcionada desde a nosa empresa aos provedores. As características da pataca Kennebec están amparadas pola IXP Pataca de Galicia. Falamos dunha pataca cuxa forma é redonda con presenza de ollos moi superficiais. A pel é lisa e fina cunha cor amarela clara. A cor da carne é máis branca, a textura da pataca é firme ao tacto e ten consistencia na boca. Resulta cremosa ao ser cocida.

As patacas galegas Kennebec son recoñecidas pola súa calidade para o consumo. Destaca o seu contido en materia seca –superior ao 18%- e a súa capacidade para manter as súas propiedades (cor, aroma e sabor) unha vez foron cociñadas. O contido en azúcares redutores é inferior ao 0,4%.

3. As prácticas agrícolas. Agricultura tradicional

O como se sementan as patacas é moi importante. Os produtores de pataca galega que colaboran con nós deben realizar o seu labor baixo unhas condicións determinadas. A produción da pataca Kennebec realízase en base ás prácticas do cultivo tradicional. Segundo o Consello Regulador, dito cultivo debe realizarse establecendo unhas condicións determinadas.

Como xa dixemos, a práctica tradicional conduce todo o proceso. É por isto que non se cultivan patacas dous anos na mesma parcela. A semente de pataca ten que estar certificada e non pode proceder de fóra da explotación. O abono para as patacas será preferentemente orgánico, mantendo unha relación C/N axeitada. A nosa subzona caracterízase polo seu clima continental, con menos choiva e temperaturas máis extremas en meses centrais do ano (xuño, xullo e agosto), razón pola que se realizan regos para que o cultivo alcance as condicións necesarias para manter a calidade do produto.

O marco da plantación será determinado polo propio produtor, segundo os apeiros e calibres utilizados para sementar. Preferentemente realizarase un labor de aporcado aínda que poden ser utilizadas prácticas culturais análogas no seu lugar. O cultivo non debe ser regado nos 30 días anteriores á colleita.

Todas estas condicións están destinadas a garantir a máxima calidade no produto. Como distribuidor, Patacas Conde utiliza o Caderno de Campo para rexistrar e supervisar que as prácticas requeridas se leven a cabo.

4. A recolección da pataca

A recolección do produto é o cuarto aspecto a ter en conta. A madurez da pataca márcanos o momento de recollida. O tubérculo está maduro cando a súa pel está feita. É importante ter en conta a temperatura e humidade do terreo no momento da recolección (temperá e lixeiramente húmedo). A partir deste punto recibimos o produto nas nosas instalacións en Xinzo de Limia.

Aquí comeza a identificación de cada lote para poder realizar a súa trazabilidade. Unha vez se identifican, analízanse exhaustivamente unha serie de mostras. O obxectivo é claro: comprobar que a pataca está en bo estado e posúe as características e propiedades óptimas para proceder ao seu almacenamento e envasado.

O Consello Regulador recibe parte da mostra para determinar se o tubérculo posúe as características químicas que se esixen.

A calidade da pataca debe pasar outra proba máis. Nas nosas instalacións realizamos, a maiores, unha análise multirresiduos de metais pesados e microbiolóxicos sobre o produto que pasa ao noso sistema de almacenamento. Con isto certificamos que cumpre coas normativas vixentes en materia de produtos alimenticios.

5. Envasado e almacenamento

Todos aqueles lotes que xa pasaron con éxito os controis anteriormente especificados son levados ao envasado ou almacenamento.

No almacenamento as patacas son introducidas en grandes caixóns de madeira, onde se identifica cada lote e se almacenan coas características idóneas de temperatura, humidade…

Persoal cualificado da nosa empresa encárgase de calibrar e seleccionar o produto para poder envasalo. Para isto utilízanse bolsas de papel que protexen a pataca da luz e facilitan o mantemento das súas boas condicións. Unha vez feito isto, chega o etiquetado.

Todos os envases de Patatas Conde levan unha etiqueta expedida polo Consello Regulador. En dita etiqueta podemos ver o logotipo da Indicación Xeográfica Protexida e o número da contraetiqueta de control. Nós engadimos máis información sobre o contido, un código de trazabilidade. Deste modo, certifícase a orixe da pataca e os procesos polos que pasou.

A distribución para venta aos nosos clientes é o último paso.

Sedes

OURENSE

Sede central
Estrada Nacional 525, km 200
32630 – Xinzo de Limia
Ourense – España
Teléfono: 988 46 24 77
E-mail: info@patatasconde.com

Almacenamento e distribución de patacas
R/ Parque Barrio Empresarial, Parcela 88
Polígono Industrial de Xinzo de Limia
32630 – Xinzo de Limia
Ourense – España

ZAMORA

Almacenamento, envasado e distribución de patacas
Ctra. Santa Clara de Avedillo, SN.
49714 – Fuentespreadas
Zamora – España
Teléfono: 650 31 42 45

LA RIOJA

Almacenamento, envasado e distribución de patacas
Avda. San Mamés, 4.
26325 – Villar de Torre
La Rioja – España

Logo Patatas Conde blanco
Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia
Bureau Veritas Certification
Indicación Geográfica Protegida
Frutas y hortalizas frescas 5 al día
Galicia Calidade