Tenda

Patacas para cocer

Patacas para cocer

Patacas cuxas características (lixeiramente fariñentas e moi consistentes) fanas ideais para cocer. Prepáranse de maneira moi sinxela e pódense incluír en diferentes receitas con carne ou pescado.

Categorías: ,
Descripción

As patacas recomendadas para cocer de Patatas Conde distínguense pola súa consistencia firme e por ser lixeiramentes fariñentas, o que as fai ideais para este fin. Trátase dunha pataca relativamente grande cuxa pel e carne son de cor amarela clara.

A forma de cocer as patacas é ben coñecida. Auga fervendo e botámoslle as patacas. Con todo, existen moitas cuestións a ter en conta para que o resultado sexa o desexado. O tempo de cocción das patacas é a variable primordial. Evidentemente, dependerá do tamaño da pataca. En función de se a pataca é mediana ou grande o tempo oscila entre os vinte e os trinta minutos. Sempre que teñamos dúbidas realizaremos unha proba pinchándoas cun coitelo ou garfo.

Como cocer patacas: con pel ou sen pel? Pódese facer de dúas formas. En calquera caso as combinacións con outros alimentos e a forma de aliñar as patacas cocidas proporcionaranos resultados moi saborosos.

Pataca para cocer. Características

  • Calibre: 45-80 mm
  • Forma dos tubérculos: ovalada
  • Pel de cor amarela clara a amarela
  • Cor da carne: amarela clara
  • Lavada natural

Como preparar patacas cocidas?

  1. Botar auga nun cazo/pota para ferver. A cantidade de auga debe ser a suficiente como para cubrir totalmente as patacas. É máis, debemos “pasarnos” un chisco, xa que a evaporación ao ferver faranos perder volume.
  2. Lavamos as patacas e escachámolas. A elección de pelalas ou non é ao gusto.
  3. Botamos as patacas e a continuación sal. Así, conseguiremos que as patacas absorban o sal e collan bo sabor.
  4. Cocemos durante máis ou menos media hora. É recomendable que todas as patacas sexan do mesmo tamaño. Para comprobar se xa están listas, pincharémolas cun garfo.
  5. Se están listas, apagamos o lume, retirámolas do recipiente e preparámolas para servir.