Tenda

Patacas para asar

Patacas para asar

As patacas asadas son moi fáciles de preparar e podemos combinalas de múltiples formas para incluílas en diferentes receitas.

Categorías: ,
Descripción

Es dos que lle custa agardar para quitar o papel de prata e comer unhas boas patacas asadas no lume? Gústache preparar ricas receitas de patacas ao forno? Esta é a túa opción perfecta.

O como facer patacas asadas ao forno ou ao lume non ten moito misterio. As patacas asadas son fáciles de preparar e ademais ofrécennos múltiples opcións para combinar, tanto no que se refire a prebes como á carne ou pescado ao que acompañar. O segredo está en escoller boa materia prima.

Como xa dixemos, pódense asar patacas de dúas formas:

  • Patacas ao lume. Prepara o papel de prata e envolve ben as patacas. Con esta cuberta protexeremos o tubérculo da excesiva calor e do contacto directo co lume. Conseguiremos así que a calor se reparta uniforme por toda a pataca, quedando unha textura moi agradable ao padal.
  • Patacas ao forno. O forno proporciónanos a capacidade de xogar máis, ser máis creativos. O corte, o tempo de forneado, a temperatura, as prebes e os condimentos… existen múltiples factores dos que podemos servirnos para ser creativos e conseguir sabores deliciosos.

Patacas para asar. Características

  • Calibre: 50-60 mm
  • Forma dos tubérculos: ovalada
  • Pel fina e de cor amarela clara a amarela
  • Cor da carne: amarela claro
  • Lavada natural

Como preparar patacas asadas?

Como preparar patacas asadas ao forno?

  1. Antes de nada lavaremos as patacas. Non as pelaremos. Lávanse ben con auga e retíranse os restos de terra se os houbese.
  2. Untamos o recipiente no que colocaremos as patacas con aceite de oliva.
  3. Cortamos as patacas ao longo e salamos ao gusto. Tamén podemos engadir herbas aromáticas. Existen varias opcións e para gustos hai cores.
  4. Colocamos as patacas no recipiente coa pel cara a arriba. Así conseguiremos que a cara condimentada se impregne ben co aceite.
  5. Agora toca metelas no forno, que debemos quentar previamente a uns 180º. As patacas estarán forneándose arredor de media hora.
  6. Unha vez pasado este tempo, para comprobar se están listas fixarémonos na pel (debería estar enrugada). Se ademais esvaran con facilidade sobre o aceite, saberemos que están listas para sacar.
  7. O último paso, por suposto, é servir e gozar do seu sabor.

Como preparar patacas asadas ao lume?

  1. Primeiro lavamos as patacas con auga. Non as pelamos.
  2. Envolvemos as patacas en papel de aluminio ou papel de prata. A denominación que prefirades.
  3. Colocamos as patacas sobre as brasas (nunha grella) ou enterradas nas mesmas. Existen as dúas opcións.
  4. Máis ou menos, en función da cantidade de brasa, deixaremos que as patacas se fagan durante 50 minutos.
  5. Unha vez sacamos as patacas do lume, desenvolvémolas con moito coidado de non queimarnos. O truco para saber se están listas é pinchándoas. Se están brandas, poderemos comelas.
  6. O último paso é cuestión de gustos. Sal, sempre. Os condimentos pódelos elixir ti. O noso libro de receitas darache algunhas ideas.