Como facer polbo con patacas. Á feira e algunha receita máis

Como facer polbo con patacas. Á feira e algunha receita máis

Receitas Cachelos galegos
Como facer polbo con patacas.

O polbo é un produto que non pode faltar nun receitario galego. Pero a arte de cociñalo e que quede perfecto non é cousa sinxela. Por iso, hoxe recompilamos as receitas máis famosas deste cefalópodo e ensinámosche como facer polbo con patacas.

Receita de polbo á feira

Un imprescindible para saber como facer polbo con patacas é coñecer unha das receitas que expón Álvaro Cunqueiro no seu receitario de Cociña Galega, a de polbo á feira.

Ingredientes

  • Un polbo de 2 kg
  • Unha cebola pequena
  • Un vaso de aceite de oliva
  • Unha cucharada de pementa doce
  • Unha cucharada de pementa picante
  • Sal groso

Modo de preparación

  1. Lavar ben o polbo para quitarlle o limo que trae. Mazalo para que abrande.
  2. Pomos a auga a ferver coa cebola nunha pota. Cando rompa a ferver, introducimos o polbo na pota e levantamos dúas ou tres veces, volvéndoo a meter.
  3. Deixamos cocer o polbo durante 45 minutos, picando de cando en vez a ver se está brando. Cando estea brando retiramos do lume.
  4. Cando vaiamos servir, despois de deixalo repousar uns 15 minutos, quitámolo da pota e cortámolo en anacos non moi grosos con tesoiras.
  5. Sazoamos o polbo con sal e aceite e espolvoreamos a pementa (a cantidade pode variar segundo o picante que se desexe).

Receita de polbo á brasa

Otra sabrosa receta con pulpo es el pulpo a la brasa, ¿cómo lo cocinamos? Te damos las claves.

Ingredientes

  • Un polbo de 1 kg aproximadamente
  • Medio vaso de zume de limón
  • Unha cucharada de pemento
  • Aceite de oliva
  • Sal

Modo de preparación

  1. Repetimos o proceso da anterior receita: lavamos ben o polbo e mazámolo para que abrande.
  2. Pomos a ferver unha pota a lume medio alto con abundante auga. Cando comence a ferver, introducimos o polbo levantándoo dúas veces e deixándoo na pota á terceira. Isto é o que se coñece como “asustar ao polbo”. Deixámolo ferver ata que estea brando.
  3. Unha vez estea cocido sacámolo da pota para que arrefríe. Cortamos as patas enteiras para asalas á brasa. Tamén podemos facer o mesmo coa cabeza, en anacos grandes.
  4. Pomos unha prancha cun chorro de aceite de oliva a lume medio alto. Cando estea quente imos pondo as patas enteiras e os anacos de polbo. Asámolo uns minutos, con 4 ou 5 será suficiente para que se doure, e dámoslle a volta para que se faga por ambos os lados.
  5. Unha vez estea dourado, empratamos e no mesmo prato engadimos sal e pementa ao gusto, e botamos un pouco de zume de limón por encima, ao gusto tamén. Por último, botámoslle tamén un chorro de aceite de oliva e listo.

Receita de polbo á galega con cachelos

Non podía faltar na nosa recompilación de receitas con polbo unha con cachelos, riquísima!

Ingredientes

  • Un polbo de 1 kg
  • Unas cantas patacas
  • Aceite de oliva
  • Pementa doce
  • Pementa picante
  • Sal

Modo de preparación

  1. Lavamos o polbo e mazámolo para que abrande.
  2. Pomos nunha pota abundante auga a lume medio alto. Cando rompa a ferver, introducimos o polbo na pota e levantamos dúas ou tres veces, volvéndoo a meter.
  3. Deixamos cocer o polbo durante pouco máis de media hora e, cando estea brando, retirámolo do lume. Deixámolo repousar uns minutos e pómolo a arrefriar.
  4. Deixamos a pota coa auga onde cocemos o polbo apartada.
  5. Pelamos e cortamos as patacas en rodajas, pómolas a ferver na mesma cacerola na que cociñamos o polbo, coa súa mesma auga. Isto daralle sabor e gusto ás patacas.
  6. Unha vez estea amornado o polbo, cortámolo en anacos cunhas tesoiras. Aderezámolo con sal, pementa picante e aceite de oliva.
  7. Cando os cachelos estean listos, pómolos nunha fonte e aderezámolos con pementa doce. Por último, engadimos un chorro abundante de aceite de oliva.