Amidón: que é e que ten que ver coas patacas

Amidón: que é e que ten que ver coas patacas

Noticias
Amidón. Foto de Maddi Bazzocco.

Seguramente escoitarías moitas veces falar do amidón pero, que é o amidón exactamente? por que case sempre se relaciona coas patacas? No post de hoxe tentamos solucionar toda as túas dúbidas acerca deste tema.

Que é o amidón

Se buscamos na RAG o que é o almidón atopámonos coa seguinte definición: “Polisacárido formado por cadeas de glicosa, que se extrae sobre todo das sementes dos cereais e que, diluída en auga, se utiliza para darlles maior rixidez aos tecidos..”

Entón, segundo esta definición, podemos dicir que se trata dun elemento esencial na nosa dieta xa que, ademais, é o único polisacárido vexetal que o corpo humano asimila ben e de maneira correcta. Podemos atopalo nalgúns cereais como o arroz e en tubérculos como as patacas.

O amidón está presente en moitos dos alimentos da nosa dieta e achéganos gran cantidade de enerxía. Debido a isto, xoga un papel fundamental á hora de axudarnos a levar a cabo os nosos procesos vitais. Nunha dieta sa e equilibrada podemos atopar infinidade de alimentos con amidón: desde os xa mencionados cereais e tubérculos, tamén en moitos vexetais como os guisantes ou as xudías.

O seu papel na cociña: que ten que ver coas patacas e outros alimentos

Ao estar presente en alimentos como os cereais, entre eles o millo, este nutriente está moi presente en elementos como as fariñas que utilizamos a diario para cociñar. Pero é importante mencionar que o seu principal achegue faino a través de salsas e sopas, xa que o amidón utilízase como xelificante e espesante. Cando entra en contacto cun líquido quente, espesa formando unha pasta xelatinosa. Grazas a esta calidade, o amidón utilízase tamén para produtos de repostaría e para embutidos.

O amidón debe consumirse sempre cociñado, se é fervido mellor, pois é cando máis propiedades achéganos. Nunca debe consumirse en cru xa que o noso sistema dixestivo non o toleraría ben. Debemos ter en conta tamén que en frío resulta insoluble, polo que debemos quentalo antes de consumilo.

Por que é importante o consumo de pataca?

A pataca é un dos hidratos de carbono que máis enerxía nos achegan e, en parte, isto é grazas ao seu contido en amidón.

Segundo un informe da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura, a pataca recén collida contén un 80% de auga e un 20% de materia seca. Entre o 60% e o 80% desta materia seca é amidón. Pero, isto é bo ou é malo? é prexudicial o amidón para a saúde?

Saúde: que tan bo é o amidón?

Como xa vimos, o amidón forma parte da nosa alimentación diaria, estando presente na maioría de alimentos que consumimos frecuentemente e que son indispensables para nosa correcta nutrición e boa saúde. Entón, as cantidades desta sustancia son as adecuadas?

Podemos supor que, ao estar presente en moitos dos alimentos da nosa dieta diaria, as cantidades que consumimos son altas. O Instituto Nacional da Saúde de Estados Unidos apunta que o amidón podería alterar os niveis de azucre do noso corpo, potenciando así a creación de graxa corporal. Por isto, é importante que ademais de levar unha dieta saudable e equilibrada realicemos tamén actividade física a diario para que estas cantidades de amidón non afecten o noso peso.

Tendo en conta que a natureza é sabia e por iso o amidón ten presenza en moitos dos alimentos aptos para o consumo humano, podemos consideralo como un compoñente bo para a saúde, a condición de que coñezamos tamén as súas contras.