A definición da palabra cachelo é similar en toda a xeografía de Galicia. No entanto, existen variacións no que a xente entende por cachelo dependendo da zona na que nos atopemos. Descúbreas.
Descripción
De onde veñen os cachelos?
Vas comprar cachelos para esa comida da fin de semana que estás organizando pero, sabes de onde vén a palabra cachelo? A definición de cachelo é similar en toda a xeografía galega. No entando, existen variacións, matices no que a xente entende por cachelo dependendo da zona na que nos atopemos.
No interior de Galicia os cachelos son patacas que se cortan en anacos e se cocen con sal e auga. Nos duros tempos da posguerra, os anacos ou cachos da pataca sobrantes do corte de brotes para sementar eran cocidos coa pel.
A acepción máis estendida no interior é a da pataca cortada en anacos, pero cun matiz. O corte non debe ser limpo, senón que debe escachar ou romper. Así é como se consegue o sabor característico do cachelo.
Nas zonas de costa da Coruña e Pontevedra, na coñecida como Galicia atlántica, o cachelo é a pataca cocida con pel en auga e con sal. Admítese a adición dunha folla de loureiro mentres se cocen as patacas.
A variedade da pataca máis estendida en Galicia é a pataca Kennebec. Tanto en Bergantiños como na Terra Chá como na nosa subzona: A Limia. Debido ás condicións climatolóxicas, as características dos nosos solos e os esmerados labores culturais da nosa xente, o produto obtido ten unha calidade culinaria excepcional. Xa coñeces a súa historia, pero para comprar cachelos tamén é importante coñecer as súas características.
Cachelos. Características
- Variedade: Kennebec.
- Forma dos tubérculos: redonda a oval.
- Presenza de ollos moi superficiais.
- Calibre: 45-80 mm
- Pel lisa e fina de cor amarela clara.
- Cor da carne: branca
Todas estas características están certificadas polo Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia.
Cando comprar cachelos?
Os Cachelos de Patatas Conde están dispoñibles a partir do mes de setembro e ata o mes de marzo.
Receitas con cachelos
Os cachelos galegos forman parte de numerosas receitas da nosa gastronomía. A pataca é un dos alimentos máis consumidos en Galicia. Por tanto, é natural dita presenza no recetario tradicional do noso país.
5 receitas con patacas sas que debes coñecer Ao longo de todo este tempo compartimos convosco receitas con patacas sas de todo tipo. Facemos un recompilatorio de cinco. Cal é a orixe da pataca? É un produto habitual da nosa dieta pero, coñecemos realmente a orixe da pataca? Neste post resolveremos esta e outras preguntas. Como preparar patacas ao forno con cebola O forno sempre é un aliado para facer sas e ricas receitas. Imos ver como preparar patacas ao forno con cebola de maneira rápida e sinxela. 5 receitas de salsas para patacas imprescindibles Unhas boas patacas gózanse moito mellor cunha boa salsa. Propoñémosche 5 receitas de salsas para patacas coas que vas a chupar os dedos. Como preparar patacas recheas Descubre como preparar patacas recheas con diferentes ingredientes: atún, xamón, espinacas. Con esta receita serás un mago do forno. Como preparar ovos rotos con patacas Compartimos contigo varias receitas para saber como preparar ovos rotos con patacas e quedar como un auténtico chef de fin de semana. Como facer unhas patacas alioli perfectas Neste artigo imos ver a receita tradicional de patacas alioli e engadiremos un bonus cunha versión máis moderna. Receita de kebab con patacas Imos preparar unha receita caseira de kebab con patacas para darte o gusto a próxima fin de semana pero antes indagaremos brevemente nas orixes deste prato. Como facer patacas fritas de bolsa Cales son as mellores patacas fritas de bolsa? Que tipo de patacas para fritir? Quen inventou as patacas fritas de bolsa? Cantas calorías ten unha bolsa de patacas fritas? Cal é a mellor pataca de España? Como conservar as patacas na casa Sabes como conservar as patacas na casa? Segue as nosas recomendacións nun novo artigo do noso blogue.
Información adicional
Bolsas | 2 bolsas, 3 bolsas, 4 bolsas, 5 bolsas, 6 bolsas, 7 bolsas, 8 bolsas, 9 bolsas, 10 bolsas, 11 bolsas, 12 bolsas, 13 bolsas |
---|