Tenda

Patacas para fritir (caixa 10kg)

Patacas para fritir (caixa 10kg)

16,1252,00

Estas patacas de variedade agria son valoradas polas súas óptimas calidades para a fritura. Patacas fritas, chips, tortilla de patacas… as nosas patacas son ideais para estas receitas.

1 caixa2 caixas3 caixas4 caixas
Reiniciar / Limpar selección
SKU: N/D Categorías: , , ,
Descripción

Presentamos a pataca para fritir de Patacas Conde neste envase especial de 10 kg. Nesta caixa atoparás toda a esencia da terra en cada pataca.

Trátase de patacas da variedade agria, moi valoradas polas súas calidades óptimas para a fritura. De carne amarela e contido baixo en azúcares. Poderás utilizalas para preparar as mellores tortillas, patacas fritas, chips… Tamén podes comprar patacas para fritir neste formato bolsa de 3 kg.

Patacas para fritir caixa 10 kg. Características

  • Variedade: Agria
  • Calibre: 50-80 mm
  • Forma dos tubérculos: ovalada alongada
  • Pel fina
  • Cor da carne: amarela

Como preparar patacas fritas?

  1. O primeiro paso será pelar as patacas e cortalas en tiras. Recoméndase nuns 6-7mm de ancho e alto.
  2. A continuación lávanse as patacas en auga fría para eliminar o exceso de almidón, uns 5 minutos máis ou menos. Déixanse escorrer e secar.
  3. Poñer abundante aceite na tixola para que cubra as patacas por completo, e poñela no lume ata que acade unha temperatura de entre 120º e 140º. Recoméndase utilizar o aceite de oliva virxe ou virxe extra (que se poderá reutilizar varias veces). Se non sabemos calcular a temperatura do aceite podemos facer unha proba infalible: bótase un trozo de pan na tixola. Se queda no fondo é que conseguimos os 140º desexados, se sube rápido é que o aceite está xa a 175º.
  4. Unha vez que o aceite chega a temperatura indicada, botar as patacas na tixola pouco a pouco, para que non se arrefríe o aceite se se botan moitas á vez.
  5. Despois da fritura duns 7 minutos, retirar as patacas e depositalas sobre papel absorbente. As patacas deben estar blandas e amarelentas, non douradas aínda.
  6. Subir a temperatura do aceite (que xa colocamos previamente se fose necesario, para retirar anaquiños pequenos de pataca que poideran quedar) ata que acade os 180º aproximadamente (pódese facer a proba do pan de novo). Engadir as patacas e deixar durante 3 ou 4 minutos, o tempo necesario para que se douren por fóra. Quedarán as patacas perfectas, ben douradiñas por fóra e brandas por dentro.
  7. Escorrer de novo e eliminar o exceso de aceite con papel de cociña antes de servir.
  8. Se non se quere perder moito tempo facendo todos os pasos previos pódese realizar unha primeira fritura pola mañá e apartar, por exemplo, e unhas horas máis tarde fritilas por segunda vez para que trisquen.
  9. Salar as patacas unha vez saíron da tixola. Xusto antes de consumilas.
Additional Information
Peso N/D
Caixa

1 caixa, 2 caixas, 3 caixas, 4 caixas