Receitas de polo con patacas. Dificultade, suxestións, tips

Receitas de polo con patacas. Foto de Alison Marras

O polo é unha das carnes máis consumidas polo seu alto valor nutritivo: é rica en proteínas e vitamina B. Existen infinidade de receitas de polo para todos os niveis culinarios: desde os máis principiantes aos máis expertos. Hoxe traémosche algunhas delas.

Receita de polo asado ao forno con patacas

O polo asado, xa sexa ao forno ou nunha pota, é unha receita clásica e tradicional que non pode faltar nunha recompilación de receitas con polo. Nesta ocasión, suxerímosche unha receita para facelo ao forno.

Ingredientes

  • Un polo de curral enteiro
  • 6 patacas medianas
  • Unha cabeza de allo
  • Tomiño e/ou romeu, en especias
  • Sal
  • 2 cebolas
  • Un vaso de viño branco
  • Pementa negra moída
  • Un limón

Modo de preparación (dificultade: media)

  1. En primeiro lugar prequencemos o forno a unha temperatura que oscile entre os 180º e os 200º.
  2. Lavamos e limpamos ben o polo. Cortamos o limón e repartímolo pola carne. A continuación, sazoamos o polo coas especias ao gusto. Poden ser, por exemplo, romeu e tomiño. Tamén vale ourego. Por último, botámoslle a pementa moída, o allo e o sal. Deixámolo un intre nun prato.
  3. Chega o momento das patacas. Pelámolas e cortámolas para despois polas como base na bandexa para forno. Tamén cortamos a cebola en tiras finas e as esparcimos enriba da base de patacas.
  4. Poñemos o polo enriba desta base de patacas e cebola. Engadímoslle un pouco de auga, con medio vaso ou un vaso enteiro pequeno será suficiente. A continuación, botámoslle o vaso de viño.
  5. Poñemos a bandexa no forno a 200º e deixamos que se cociñe durante 30 ou 35 minutos. Unha vez pasado este tempo, sacámolo e dámoslle a volta ao polo para que se doure por ambos os lados durante outra media hora, aproximadamente.

Receita de polo con améndoas

Unha receita de polo moi demanda tamén é a de polo con améndoas. Trátase dunha receita moi sa con baixo contido en colesterol e graxas non-saudables.

Ingredientes

  • Un par de peitugas de polo
  • Un pemento vermello
  • Champiñóns
  • Unha cebola
  • 2 cenorias
  • Unhas cantas améndoas crúas
  • 2 patatcs grandes
  • Sementes de sésamo
  • Salsa de soia
  • Unha cucharada de maicena
  • Aceite de millo

Modo de preparación (dificultade: fácil)

  1. O primeiro paso é limpar e trocear as verduras (o pemento, as cenorias e a cebola). Limpamos e cortamos tamén os champiñóns.
  2. Coceremos estes ingredientes a lume lento xunto coas améndoas nun fondo de aceite de millo mesturado con salsa de soia.
  3. Troceamos as pechugas de polo e engadimos os anacos xunto coas sementes de sésamo. Removemos os ingredientes ata que o polo se faga.
  4. Mentres se fai o polo, pelaremos e cortaremos as patacas e fritirémolas nunha tixola.
  5. Unha vez estean todos os ingredientes cociñados, o polo e as verduras, engadimos medio vaso de salsa de soia e unha cucharada de maicena. Deixámolo repousar uns minutos.
  6. Por último, só nos quedaría empratar o polo coa súa guarnición de améndoas e as patacas.

Receita de polo ao mel

Seguimos coas receitas de polo con patacas e agora explicamos unha maneira fácil de facer o típico polo ao mel.

Ingredientes

  • 2 cuartos traseiros de polo
  • 4 o 5 patacas pequenas
  • 3 cucharadas sopeiras de mel
  • Aceite de oliva
  • Sal
  • Pementa negra

Modo de preparación (dificultade: fácil)

  1. En primeiro lugar, pelamos as patacas e limpamos ben os traseiros do polo. Cortamos as patacas á metade e salpimentamos as coxas do polo. A continuación, colocámolo todo nunha bandexa para forno. Precalentamos o forno a 200º.
  2. Engadimos un chorro de aceite de oliva e botamos as cucharadas de mel de maneira que cubran a superficie do polo.
  3. Colocamos a bandexa no forno e deixamos que se faga a 180º durante uns 40 minutos. É importante vixiar cando o polo se empece a dourar para saber cando sacalo do forno.
  4. Por último, só quédanos retirar e empratar.

Receita de polo tikka masala

Outra deliciosa opción para as nosas receitas de polo sería a do polo tikka masala, a cal podemos engadirlle patacas.

Ingredientes

  • 2 peitugas de polo
  • Unha cebola
  • Aceite de oliva
  • Pementa negra
  • Sal
  • Salsa tikka masala

Modo de preparación (dificultade: fácil)

  1. Limpamos ben as peitugas de polo e cortámolas en dados.
  2. Picamos a cebola e poñémola nunha pota con aceite para que refogue. Despois, engadimos o polo e o salpimentamos. Deixámolo cocer uns 20 minutos.
  3. Pasado este tempo, engadimos a salsa tikka masala e deixamos que se faga durante 15 minutos máis, a lume lento.
  4. Finalmente, e despois de deixalo repousar uns minutos (5 aprox.), empratamos. Podemos acompañalo de pasta, arroz ou unha guarnición de patacas.

Receita de polo en pepitoria

Na nosa última receita do blog de hoxe, veremos como preparar unha receita de polo en pepitoria.

Ingredientes

  • Un quilo de polo
  • Un puñado de améndoas
  • Unha cebola
  • Un par de ovos
  • 2 rebanadas de pan
  • 2 dentes de allo
  • Un pouco de azafrán
  • Un vaso de viño branco
  • Aceite de oliva
  • Sal
  • Pementa negra

Modo de preparación (dificultade: media)

  1. O primeiro a realizar é limpar ben o polo, trocealo e salpimentalo..
  2. Poñemos os anacos do polo salpimentados nunha pota con aceite de oliva e esperamos a que se doure un pouco.
  3. Unha vez que estea dourado, apartámolo do lume mentres picamos a cebola e os allos. Dourámolos tamén na mesma pota.
  4. Cortamos en trociños as rebanadas de pan e tostámolas nunha tixola. A continuación facemos o mesmo coas améndoas. Mentres, cocemos os ovos.
  5. Cando teñamos o pan, as améndoas e os ovos cociñados, poñemos estes ingredientes nun morteiro e machucámolos, xunto co azafrán.
  6. Na pota onde temos o polo co allo e a cebola botaremos un vaso de viño branco e deixámolo ferver uns 3-4 minutos.
  7. Engadimos a mestura de pan, améndoas e ovo e cociñamos a lume lento unha media hora longa e imos engadindo auga (ou caldo de polo) segundo necesitemos.
  8. Por último, só nos quedaría empratar. Para acompañar esta receita, tamén podemos fritir unhas patacas ou cocer algo de pasta.
Exit mobile version