13,80€ – 64,74€
Estas patacas destínanse principalmente a elaboración de produtos de gran demanda como as patacas fritas, as chips, as tortillas de patacas…
Descripción
As patacas especiais para fritir de Patatas Conde pertencen á variedade agria. Falamos dunha pataca ideal para a fritura. De feito é a variade reina para este tipo de preparación. Estas son patacas ovaladas e alongadas. A súa carne é amarela. Trátase dun produto coa pel fina e cuxo contido en azucres é baixo. Esta é unha das características que a converten na mellor pataca para fritir.
Estas patacas destínanse principalmente á elaboración de produtos amplamente consumidos coma as patacas fritas, as chips, as tortillas de patacas… Teñen gran demanda na industria alimentaria e nos fogares.
A orixe das patacas de variedade agria de Patatas Conde é sempre nacional. Na nosa tenda tamén contamos cun formato especial: as patacas para fritir nunha caixa de 10 kg.
Patacas para fritir. Características
- Variedade: Agria
- Calibre: 45-80 mm
- Forma dos tubérculos: ovalada alongada
- Pel fina
- Cor da carne: amarelo
Como preparar patacas fritas?
- Para comezar pélanse as patacas e córtanse en tiras que rondarán os 6-7 mm de longo e alto.
- Logo lavamos as patacas con auga fría durante 5 minutos. Escorrémolas e deixámolas secar.
- Botamos aceite de oliva (virxe ou virxe extra) nunha tixola. Botaremos suficiente para cubrir as patacas e quencerémolo a 120º máis ou menos. Para saber se a temperatura é a axeitada, botaremos un anaco de pan no aceite. Se o anaco non sae a flote rapidamente, a temperatura será a axeitada.
- Cando o aceite estea listo, botamos as patacas pouco a pouco na tixola. Non queremos arrefriar o aceite.
- Fritimos durante 7 minutos. Logo retiramos as patacas e depositámolas no papel absorbente. As patacas aínda non debe estar douradas.
- Subimos a temperatura do aceite a 180º. Volvemos a botar as patacas e mantémolas ao lume durante 3-4 minutos. Conseguiremos así que se douren á perfección. O aspecto será espectacular.
- Volvemos escorrer as patacas antes de servilas.
- Unha vez teñamos feito todo isto, salamos e a gozar.
Información adicional
Peso | N/D |
---|---|
Bolsas | 2 bolsas, 3 bolsas, 4 bolsas, 5 bolsas, 6 bolsas, 7 bolsas, 8 bolsas, 9 bolsas, 10 bolsas, 11 bolsas, 12 bolsas, 13 bolsas |