{"id":43690,"date":"2019-07-05T11:56:15","date_gmt":"2019-07-05T09:56:15","guid":{"rendered":"https:\/\/www.patatasconde.com\/?p=43690"},"modified":"2020-03-18T11:28:47","modified_gmt":"2020-03-18T10:28:47","slug":"5-receitas-de-patacas-con-pescado-moi-faciles-de-preparar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/5-receitas-de-patacas-con-pescado-moi-faciles-de-preparar","title":{"rendered":"5 receitas de patacas con peixe moi f\u00e1ciles de preparar"},"content":{"rendered":"<p>Enc\u00e1ntanos preparar receitas de patacas con peixe. Par\u00e9cenos que encaixan \u00e1 perfecci\u00f3n, que dan moito xogo. Xa sexa con guisos ou con pratos preparados ao forno, se falamos de guarnici\u00f3ns para peixe&#8230; \u00e9 igual, o resultado ser\u00e1 fant\u00e1stico. Neste artigo imos ver 5 receitas que nos encantan especialmente.<\/p>\n<h2>Receita de patacas con bacallao<\/h2>\n<p>Unha receita cl\u00e1sica e que podemos atopar no <a href=\"https:\/\/books.google.es\/books\/about\/La_cocina_gallega.html?hl=es&amp;id=lykqt5ULEzsC&amp;redir_esc=y\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">libro de Cocina Gallega de \u00c1lvaro Cunqueiro<\/a> \u00e9 o de bacalao con leite. Imos ver como se prepara segundo a receita recompilada polo mestre.<\/p>\n<p><strong>Ingredientes<\/strong><\/p>\n<ul>\n<li>1 k de bacallao<\/li>\n<li>Medio kg de patacas<\/li>\n<li>1\/4 de litro de leite<\/li>\n<li>2 culleradas de pirixel picado<\/li>\n<li>2 culleradas de cebolas picadas<\/li>\n<li>Pimenta<\/li>\n<li>Aceite de oliva virxe extra<\/li>\n<li>Auga<\/li>\n<\/ul>\n<p><strong>Modo de preparaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<ol>\n<li>Importante desalar o bacallao. Un primeiro lavado na billa e despois deixalo a remollo. O tempo var\u00eda en funci\u00f3n do tama\u00f1o da peza. Se \u00e9 moi grande podemos falar de 2 d\u00edas. Se est\u00e1 ben fileteado ou en migas, un ba\u00f1o dun par de horas ser\u00e1 suficiente.<\/li>\n<li>Troceamos o bacallao desalado nun cazo con auga fr\u00eda e deixamos que se coza ata que a auga rompa a ferver. Neste momento baixamos o lume ao m\u00ednimo e deixamos o bacallao ao lume lento durante 5 minutos.<\/li>\n<li>Escorremos a auga e secamos o bacallao.<\/li>\n<li>Rebozamos o bacallao en fari\u00f1a e frit\u00edmolo no aceite de oliva durante 20 minutos m\u00e1is ou menos.<\/li>\n<li>Pelamos as patacas, cort\u00e1molas en toradas finas e fret\u00edmolas. Sabes <a href=\"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/como-facer-patacas-os-clasicos#Agria_a_mellor_variedade_para_fritir\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">como fritir patacas<\/a> segundo a nosa receita?<\/li>\n<li>Nun cazo colocamos unha capa de bacallao e outra de patacas. Espolvoreamos pimenta, pirixel picado e fari\u00f1a.<\/li>\n<li>A continuaci\u00f3n colocamos outra capa de bacalao, outra capa de patacas fritidas e repetimos o espolvoreado de pimenta, pirixel e fari\u00f1a.<\/li>\n<li>Doramos a cebola previamente picada no aceite sobrante de fritir o peixe. A continuaci\u00f3n vert\u00e9molo polo guiso.<\/li>\n<li>Colocamos a preparaci\u00f3n do lume e cando estea morno imos engadindo leite quente e auga da cocci\u00f3n do bacalao.<\/li>\n<li>Deixamos en lume lento durante uns 30 minutos.<\/li>\n<li>Despois queda servir e gozar do plato.<\/li>\n<\/ol>\n<h2>Receita de guiso de salm\u00f3n con patacas<\/h2>\n<p>A segunda das receitas de peixe con patacas ten o salm\u00f3n como un dos ingredientes principais. Atrev\u00e9monos cun guiso?<\/p>\n<p><strong>Ingredientes<\/strong><\/p>\n<ul>\n<li>Medio quilo de salm\u00f3n<\/li>\n<li>Patacas<\/li>\n<li>Cebolas<\/li>\n<li>Porro<\/li>\n<li>Cenoura<\/li>\n<li>Pimento verde<\/li>\n<li>Sal<\/li>\n<li>Pirixel<\/li>\n<li>2 dentes de allo<\/li>\n<li>Vi\u00f1o branco<\/li>\n<li>Aceite de oliva virxe<\/li>\n<\/ul>\n<p><strong>Modo de preparaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<ol>\n<li>Lavamos e pelamos as patacas. Escach\u00e1molas e reservamos.<\/li>\n<li>Turno para limpar o salm\u00f3n. Quitamoslle a pel e as espi\u00f1as. Feito isto, cort\u00e1molo en cadradi\u00f1os. Botamos sal e pimenta e reservamos.<\/li>\n<li>Prepara un caldo coa pel, allo, cebola, porro e cenoura. Un cuarto de hora ser\u00e1 suficiente. Debes coar o contido.<\/li>\n<li>Picamos cebola, allo e pimento verde moi finos e facemos un rustido. Engadimos as patacas cando vexamos que se pocharon ben. Despois refogamos uns minutos. A continuaci\u00f3n engadimos un pouco de vi\u00f1o branco e seguimos cocendo ata que o alcol se evapore.<\/li>\n<li>\u00c9 o momento para engadir o caldo. Seguimos coa preparaci\u00f3n no lume ata que as patacas estean ben feitas.<\/li>\n<li>Unha vez lista a preparaci\u00f3n, engadimos os taqui\u00f1os de salm\u00f3n e deixamos que se misturen ben co guiso durante uns minutos.<\/li>\n<\/ol>\n<h2>Receita de merluza ao forno con patacas<\/h2>\n<p>A merluza \u00e9 un dos peixes que m\u00e1is ofrece e que m\u00e1is gusta \u00e1 xente. Imos ver como preparar unha receita de merluza ao forno con patacas.<\/p>\n<p><strong>Ingredientes<\/strong><\/p>\n<ul>\n<li>1 merluza (1 kg m\u00e1is ou menos)<\/li>\n<li>Manteiga<\/li>\n<li>4-5 patacas grandes<\/li>\n<li>Tomi\u00f1o e romero<\/li>\n<li>Medio vaso de vi\u00f1o branco<\/li>\n<li>Sal<\/li>\n<li>Pimenta<\/li>\n<\/ul>\n<p><strong>Modo de preparaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<ol>\n<li>Empezamos polas patacas. Lav\u00e1molas ben, cort\u00e1molas en toradas ben finas e coloc\u00e1molas de maneira ordeada sobre un recipiente para o forno, previamente untado con manteiga.<\/li>\n<li>Imos coa merluza. Lav\u00e1mola e limp\u00e1mola ben. A continuaci\u00f3n bot\u00e1moslle sal e pimenta.<\/li>\n<li>Colocamos a merluza sobre as patacas.<\/li>\n<li>Rociamos co vi\u00f1o. Espolvoreamos o tomi\u00f1o e o romero por enriba. Podes engadir m\u00e1is ingredientes como o or\u00e9gano, se queres.<\/li>\n<li>Metemos ao forno durante m\u00e1is ou menos media hora.<\/li>\n<li>Deixamos repousar un anaqui\u00f1o fora do forno e xa podemos servir.<\/li>\n<\/ol>\n<p>Estamos seguros de que vos encantar\u00e1 N\u00f3s xa a probamos e asegur\u00e1mosvos que vos vai encantar. Estamos preparando outro artigo no que vos contaremos como preparar merluza \u00e1 galega.<\/p>\n<h2>Receita de ollomol ao forno<\/h2>\n<p>Seguimos con m\u00e1is receitas de patacas con peixe. Recuperamos a referencia do libro de Cocina Gallega e aventur\u00e1monos a preparar unha receita de ollomol ao forno con imentos. Atrev\u00e9monos?<\/p>\n<p><strong>Ingredientes<\/strong><\/p>\n<ul>\n<li>Ollomol de 1 kg<\/li>\n<li>Unha cebola picada<\/li>\n<li>Pimento verde picado<\/li>\n<li>Tomate<\/li>\n<li>Tres dentes de allo<\/li>\n<li>Catro patacas<\/li>\n<li>Vaso de aceite de oliva<\/li>\n<li>Vaso de vi\u00f1o branco<\/li>\n<li>Tres culleradas de pan rallado<\/li>\n<li>Unha cullerada de pirixel picado<\/li>\n<li>Sal<\/li>\n<\/ul>\n<p><strong>Modo de preparaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<ol>\n<li>O primeiro paso consiste en limpar ben o ollomol. A continuaci\u00f3n escam\u00e1molo.<\/li>\n<li>Collemos unha sart\u00e9n e preparamos un rustido con cebola picada moi fina, pimento, tomate, allo e as patacas cortadas en toradas moi finas.<\/li>\n<li>D\u00e1moslle varias voltas \u00e1 preparaci\u00f3n ata que se faga un pouco.<\/li>\n<li>Colocamos o rustido nun recipiente de barro e engadimos enriba o ollomol.<\/li>\n<li>Salamos e botamos un bo chorro de aceite de oliva. O seguinte paso \u00e9 metelo no forno.<\/li>\n<li>Agardamos dez minutos e rociamos a preparaci\u00f3n co vi\u00f1o branco. Cando vexamos que est\u00e1 case feito, m\u00e1is ou menos despois de media hora, espolvoreamos o pan rallado e o pirixel picado. Deixamos que se dore enriba un anaqui\u00f1o.<\/li>\n<li>Cando rematar de fornearse tan s\u00f3 temos que sacalo e servir.<\/li>\n<\/ol>\n<h2>Receita de robaliza ao forno con patatas<\/h2>\n<p>A verdade \u00e9 que a combinaci\u00f3n peixe ao forno con patacas sempre \u00e9 sin\u00f3nimo de \u00e9xito. Vexamos como preparar unha rica receita de robaliza ao forno con patacas. \u00faltima (de momento) das nosas receitas de patacas con peixe.<\/p>\n<p><strong>Ingredientes<\/strong><\/p>\n<ul>\n<li>Robaliza (1 kg m\u00e1is ou menos)<\/li>\n<li>Patacas<\/li>\n<li>Manteiga<\/li>\n<li>Aceite de oliva virxe<\/li>\n<li>Dous dentes de allo<\/li>\n<li>Vi\u00f1o branco<\/li>\n<li>Sal<\/li>\n<\/ul>\n<p><strong>Modo de preparaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<ol>\n<li>Comezamos lavando as patacas, pel\u00e1molas, cort\u00e1molas en toradas finas.<\/li>\n<li>Untamos un recipiente para o forno con manteiga e con aceite de oliva virxe. Colocamos as patacas de maneira ordeada.<\/li>\n<li>Limpamos a robaliza e salamos.<\/li>\n<li>Colocamos a robaliza enriba das patacas. Bot\u00e1moslle allo e pirixel picados enriba.<\/li>\n<li>Quentamos o forno a uns 120\u00ba. Unha vez estea quente metemos o recipiente coa robaliza. Agardamos uns 20 minutos e viramos a robaliza para que se faga polos dous lados. B\u00f3talle un chorri\u00f1o de vi\u00f1o branco.<\/li>\n<li>Agarda que se faga uns 10-15 minutos m\u00e1is.<\/li>\n<li>Pasado este tempo sacamos do forno e servimos.<\/li>\n<\/ol>\n<h2>Guiso de merluza con patatas<\/h2>\n<p>Un bo guiso \u00e9 un bo guiso. Ademais \u00e9 un prato que nos servir\u00e1 para m\u00e1is dun d\u00eda. Os guisos resolven o d\u00eda a d\u00eda, son moi nutritivos e ademais, se se fan con peixe e patacas, te\u00f1en un sabor delicioso. A seguinte receita, un guiso de merluza con patacas, real\u00edzase tal e como che contamos a continuaci\u00f3n.<\/p>\n<h3>Ingredientes<\/h3>\n<ul>\n<li>10 anacos de merluza<\/li>\n<li>2 patacas para cocer<\/li>\n<li>Cebola<\/li>\n<li>Allo<\/li>\n<li>Pirixel<\/li>\n<li>4 tomates<\/li>\n<li>300 ml. de auga<\/li>\n<li>Sal<\/li>\n<li>Aceite de oliva virxe extra<\/li>\n<li>Piment\u00f3n<\/li>\n<\/ul>\n<h3>Modo de preparaci\u00f3n<\/h3>\n<ol>\n<li>Cortamos a cebola e o allo e bot\u00e1molos nunha pota con aceite de oliva virxe extra xa quente.<\/li>\n<li>Dez minutos \u00e9 o que necesitamos para pochar a mestura.<\/li>\n<li>Pelamos e escachamos as patacas en cadrados pequenos. Engad\u00edmolas \u00e1 pota. Lembra que escachar \u00e9 facer cortes non limpos, rompendo a pataca xusto ao final de corte para que solte o amid\u00f3n.<\/li>\n<li>Deixamos todo no lume e removemos de cando en vez. Logo retiramos do lume e engadimos o pemento removendo moi ben para que se mesturen os ingredientes. Unha vez feito isto, volvemos colocar a pota no lume.<\/li>\n<li>Relamos os tomates e incorpor\u00e1molos. Tam\u00e9n o perexil.<\/li>\n<li>Seguimos removendo e coci\u00f1ando durante polo menos dez minutos m\u00e1is. Debemos ser coidadosos co lume para que non se nos queime.<\/li>\n<li>Chega o momento de incorporar a auga, coci\u00f1ando a lume medio unha vez a auga rompa a ferver.<\/li>\n<li>Este proceso durar\u00e1 m\u00e1is ou menos un cuarto de hora. Lembra tapar a pota.<\/li>\n<li>Engadimos a pescada de tal maneira que os anacos non se superpo\u00f1an. Todos deben estar recostados totalmente sobre a cama de verduras. Coci\u00f1amos durante uns 5 minutos m\u00e1is, apagamos o lume e logo deixamos outros 5 minutos de repouso coa pota tapada.<\/li>\n<li>Pasado este tempo xa podemos servir.<\/li>\n<\/ol>\n<p>Como ves son moitas as receitas de patacas con peixe dispo\u00f1ibles no receitario galego e espa\u00f1ol. Seguiremos ampliando con m\u00e1is receitas. S\u00edguenos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>G\u00fastanche as receitas de patacas con peixe? Neste artigo imos ver como preparar patacas con bacallao, salm\u00f3n, merluza, ollomol e robaliza.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":36315,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[342,338,341],"tags":[],"class_list":["post-43690","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-cocer","category-receitas-con-patacas","category-guarnicion"],"amp_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/43690","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=43690"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/43690\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":207975,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/43690\/revisions\/207975"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/36315"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=43690"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=43690"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=43690"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}