{"id":211661,"date":"2020-08-28T10:35:49","date_gmt":"2020-08-28T08:35:49","guid":{"rendered":"https:\/\/www.patatasconde.com\/?p=211661"},"modified":"2020-09-23T10:44:37","modified_gmt":"2020-09-23T08:44:37","slug":"como-facer-unhas-patacas-alioli-perfectas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/como-facer-unhas-patacas-alioli-perfectas","title":{"rendered":"Como facer unhas patacas alioli perfectas"},"content":{"rendered":"<p>Quen non comeu unhas ricas patacas alioli na terraza dun bar? Poucas persoas levantar\u00e1n a man. E \u00e9 que estamos diante dunha das tapas m\u00e1is t\u00edpicas da cultura gastron\u00f3mica espa\u00f1ola. As patacas alioli e as patacas bravas son o acompa\u00f1ante perfecto para un refresco ou unha &#8220;ca\u00f1a&#8221; ben fresca nos meses de ver\u00e1n. De feito, a\u00ednda que hoxe en d\u00eda podes pedilas en calquera \u00e9poca do ano, \u00e9 unha receita t\u00edpica do ver\u00e1n.<\/p>\n<p>O nome das patacas alioli v\u00e9n da salsa alioli que \u00e9 unha adaptaci\u00f3n fon\u00e9tica das <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Alioli\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">palabras catal\u00e1s all (allo) e oli (aceite)<\/a>. E \u00e9 que eses son os ingredientes desta salsa: allo e aceite. Co tempo, a receita evolucionou e apareceron numerosas variaci\u00f3ns, tanto na preparaci\u00f3n das patacas -cocidas, asadas ou fritas- como nos ingredientes da salsa. Neste artigo imos ver a receita tradicional de patacas alioli e engadiremos un bonus cunha versi\u00f3n m\u00e1is moderna.<\/p>\n<h2>Receita de patacas alioli tradicional<\/h2>\n<p><strong>Ingredientes<\/strong><\/p>\n<ul>\n<li>2 patacas para cocer<\/li>\n<li>3 cabezas de allo<\/li>\n<li>Aceite de oliva virxe extra ( AOVE)<\/li>\n<li>Sal<\/li>\n<li>Perexil<\/li>\n<\/ul>\n<p><strong>Modo de preparaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<ol>\n<li>O primeiro que imos facer \u00e9 cocer as patacas. Collemos as patacas, lav\u00e1molas e cort\u00e1molas pola metade. Fervemos auga nun cazo. Previamente botar\u00e9moslle un pouco de sal.<\/li>\n<li>Introducimos as patacas no cazo. A cantidade de auga debe ser suficiente como para cubrir completamente as patacas. Procura que os anacos que cortaches sexan iguais para que a cocci\u00f3n sexa uniforme.<\/li>\n<li>Deixamos que as patacas se cozan durante 25-30 minutos. Cando pasase este tempo picamos as patacas cun garfo para ver se est\u00e1n xa tenras. Se \u00e9 as\u00ed, apagamos o lume, escorremos a auga e deixamos as patacas no cazo tapado uns cinco minutos.<\/li>\n<li>Pelamos as patacas e cort\u00e1molas en dados de 3-5 cent\u00edmetros de ancho. Coloc\u00e1molas nun recipiente e deix\u00e1molas arrefriar a temperatura ambiente ou se o preferimos podemos metelas na neveira.<\/li>\n<li>\u00c9 a hora de preparar a salsa alioli. Imos facelo \u00e1 maneira tradicional, nun morteiro.<\/li>\n<li>Machucamos os allos no morteiro ata que formemos unha pasta branda.<\/li>\n<li>Cando o consigamos botamos un chorri\u00f1o de aceite de oliva virxe extra e imos removendo ata que a salsa emulsione. Non \u00e9 proceso f\u00e1cil pero a pr\u00e1ctica fai o coci\u00f1eiro. A alternativa \u00e9 facelo coa batedora.<\/li>\n<li>Unha vez te\u00f1amos a salsa, picamos o perexil e esparex\u00e9mosllo encima. Metemos a salsa un intre na neveira.<\/li>\n<li>O paso final \u00e9 coller as patacas xa fr\u00edas, botarlle a salsa encima, revolver e servir.<\/li>\n<\/ol>\n<h2>Receita de patacas alioli con patacas fritas<\/h2>\n<p>As versi\u00f3ns modernas destas patacas substit\u00fae as patacas cocidas por patacas fritas e engade ingredientes como o ovo na elaboraci\u00f3n da salsa alioli. Imos ver como facela paso a paso.<\/p>\n<p><strong>Ingredientes<\/strong><\/p>\n<ul>\n<li><a href=\"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/comprar-patacas-para-fritir-caixa-10kg\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">2 patacas para fritir<\/a><\/li>\n<li>3 cabezas de allo<\/li>\n<li>Aceite de oliva virxe extra ( AOVE)<\/li>\n<li>1 ovo<\/li>\n<li>Sal<\/li>\n<li>Perexil<\/li>\n<\/ul>\n<p><strong>Modo de preparaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<ol>\n<li>Primeiro fritiremos as patacas. Utilizaremos como sempre pataca agria. Como sabedes \u00e9 a mellor pataca para fritir. Pel\u00e1molas, cort\u00e1molas en dados e frit\u00edmolas. No noso blogue poder\u00e1s atopar a receita de patacas fritas perfectas.<\/li>\n<li>Imos coa salsa alioli. Nun recipiente botamos o allo machucado, o ovo, un chorro de aceite de oliva e sal.<\/li>\n<li>Colocamos a batedora contra o fondo do recipiente e comezamos a bater a mestura m\u00e1is ou menos 10 segundos sen separar a batedora do fondo. Veremos como a salsa empeza a emulsionar.<\/li>\n<li>Cando vexamos que isto sucede levantamos un pouco e seguimos batendo ata que vexamos que a salsa se espesa.<\/li>\n<li>Como antes, engadimos o perexil picado e gardamos a salsa un intre na neveira.<\/li>\n<li>Para servir, colocamos as patacas fritas nun recipiente e botamos a salsa. Mesturamos ben e logo colocamos uns pinchos de madeira longos en funci\u00f3n dos comensais.<\/li>\n<\/ol>\n<p>E estas son as d\u00faas formas de preparar patacas alioli m\u00e1is estendidas. Se queres ver m\u00e1is receitas con patacas anim\u00e1mosche a visitar o noso <a href=\"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/receitas-con-patacas\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">libro de receitas online<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Neste artigo imos ver a receita tradicional de patacas alioli e engadiremos un bonus cunha versi\u00f3n m\u00e1is moderna.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":210938,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[342,340,338],"tags":[],"class_list":["post-211661","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-cocer","category-fritir","category-receitas-con-patacas"],"amp_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/211661","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=211661"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/211661\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":211664,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/211661\/revisions\/211664"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/210938"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=211661"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=211661"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=211661"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}