{"id":211373,"date":"2020-08-21T08:46:29","date_gmt":"2020-08-21T06:46:29","guid":{"rendered":"https:\/\/www.patatasconde.com\/?p=211373"},"modified":"2020-09-16T08:54:23","modified_gmt":"2020-09-16T06:54:23","slug":"que-facer-con-patacas-repaso-receitas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/que-facer-con-patacas-repaso-receitas","title":{"rendered":"Que facer con patacas? Un repaso \u00e1s nosas receitas"},"content":{"rendered":"<p>Que facer con patacas? Boa pregunta, verdade? A variedade \u00e1 hora de coci\u00f1ar este produto \u00e9 tal, que moitas veces v\u00e9monos atafegados\/as e non sabemos que receita preparar. Desde que lanzamos o noso blogue dedic\u00e1molo a compartir convosco numerosas receitas con patacas. Buscamos compartir co\u00f1ecemento e ademais de vender un produto -a pataca- axudarche a gozalo.<\/p>\n<p>Cando temos que elixir que receita con patacas preparar, adoitamos utilizar os dous criterios para decidir:<\/p>\n<ul>\n<li>Segundo o modo de preparaci\u00f3n da pataca: cocida, frita, ao forno, en pur\u00e9.<\/li>\n<li>Segundo a combinaci\u00f3n de produtos: con carne, con peixe, con verduras, con marisco&#8230;<\/li>\n<\/ul>\n<p>A partir de aqu\u00ed s\u00e1ennos varias combinaci\u00f3ns. Tam\u00e9n procuramos asentar as nosas referencias nas coci\u00f1as galega e espa\u00f1ola, a\u00ednda que nos gusta incorporar alg\u00fans elementos doutras gastronom\u00edas e innovaci\u00f3ns culinarias m\u00e1is recentes.<\/p>\n<p>Comprendido o noso criterio, para resolver a d\u00fabida de que facer con patacas, imos viaxar por algunhas das nosas mellores receitas. Todas elas est\u00e1n dispo\u00f1ibles nos diferentes artigos que fomos publicando durante todo este tempo. Desde este artigo faremos un pequeno resumo de cada unha de e enlazar\u00e9molas \u00e1 s\u00faa versi\u00f3n completa. Empezamos!<\/p>\n<h2>10 receitas para cando saibas que facer con patacas<\/h2>\n<h3><a href=\"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/receitas-con-cachelos-5-imprescindibles-en-calquera-mesa#Como_facer_cachelos_coa_pel\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">Cachelos con pel<\/a><\/h3>\n<p>A receita de cachelos con pel \u00e9 a forma cl\u00e1sica de preparaci\u00f3n na Galicia Atl\u00e1ntica. Neces\u00edtase medio quilo de patacas, auga, sal e loureiro. A preparaci\u00f3n dos cachelos \u00e9 moi sinxela. Bas\u00e9ase na cocci\u00f3n da pataca coa pel en auga fervendo durante m\u00e1is ou menos media hora. A cuesti\u00f3n para ter en conta aqu\u00ed \u00e9 o corte da pataca, que non debe ser limpo, sen\u00f3n que debe escacharse.<\/p>\n<h3><a href=\"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/receitas-con-cachelos-5-imprescindibles-en-calquera-mesa#Como_facer_cachelos_con_chourizo\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">Cachelos con chourizo<\/a><\/h3>\n<p>Un dos manxares de Galicia son os seus chourizos. A combinaci\u00f3n con cachelos \u00e9 brutal. Outra receita moi sinxela que consiste en facer unha primeira cocci\u00f3n dos chourizos, ret\u00edranse para cocer os cachelos nese mesma auga. Cando as patacas estean a chegar ao momento \u00f3ptimo de cocci\u00f3n volven engadir os chourizos, mesturando sabores. Unha receita fant\u00e1stica.<\/p>\n<h3><a href=\"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/como-facer-patacas-os-clasicos#Preparar_patacas_fritas\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">Patacas fritas<\/a><\/h3>\n<p>Unha das claves dunhas boas patacas fritas \u00e9 a selecci\u00f3n da variedade de pataca a utilizar. A pataca agria \u00e9 a recomendada para tal fin. As s\u00faas caracter\u00edsticas permiten conseguir niveis \u00f3ptimos de sabor e textura. Outra das cuesti\u00f3ns, realizar d\u00faas frituras e manexar ben a temperatura do aceite. A primeira farase a menor temperatura para que a pataca se faga ben por dentro. A segunda ter\u00e1 maior temperatura para conseguir que se douren ben.<\/p>\n<h3><a href=\"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/como-facer-patacas-os-clasicos#Receita_de_pure_de_patacas\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">Pur\u00e9 de patacas<\/a><\/h3>\n<p>Se gozas dun bo pur\u00e9 uno dos mellores \u00e9 o pur\u00e9 de pataca. S\u00f3 necesitamos un par de boas patacas da variedade Kennebeck, leite, manteiga, sal e unha batedora e obteremos un prato de culler baseado na pataca cento por cento recomendable.<\/p>\n<h3><a href=\"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/5-receitas-de-patacas-con-pescado-moi-faciles-de-preparar#Receita_de_merluza_ao_forno_con_patacas\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">Pescada ao forno con patacas<\/a><\/h3>\n<p>A pescada sempre atopou nas patacas un moi bo acompa\u00f1ante. A maior\u00eda de peixes combinan ben, a verdade. A nosa proposta \u00e9 pescada con patacas no forno. Que destacamos nesta receita? A importancia do corte da pataca, o bo manexo dos tempos co forno e o uso dos condimentos. Fundamental para atopar ese &#8216;toque persoal&#8217; da receita.<\/p>\n<h3><a href=\"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/5-receitas-de-patacas-con-pescado-moi-faciles-de-preparar#Receita_de_patacas_con_bacallao\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">Guiso de bacallau con patacas<\/a><\/h3>\n<p>Unha receita de dificultade media pero que proporciona un prato rico en matices, duradeiro (xa que se pode requentar) e moi moi nutritivo. Recomendaci\u00f3ns: coida a variedade da pataca e feixe ben o desalado do bacallau.<\/p>\n<h3><a href=\"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/como-facer-tortilla-de-patacas-e-alucinar-a-todos\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">Tortilla de patacas<\/a><\/h3>\n<p>Nun longo artigo fixemos un repaso sobre as orixes da tortilla, a s\u00faa importancia na nosa cultura gastron\u00f3mica, o seu valor nutritivo e as diferentes formas de preparala. Quizais sexa un dos pratos m\u00e1is saborosos que facer con patacas. Quen non co\u00f1ece a <a href=\"https:\/\/www.traveler.es\/gastronomia\/articulos\/receta-y-secreto-mejores-tortillas-de-betanzos-donde-comer-restaurantes-en-galicia\/16788\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">tortilla de Betanzos<\/a>? Prefires a tortilla con cebola ou sen cebola?<\/p>\n<h3><a href=\"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/como-facer-patacas-con-carne\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">Patacas recheas con carne<\/a><\/h3>\n<p>Esta receita \u00e9 moi &#8221; resultona&#8221; \u00e1 vista e na boca \u00e9 moito m\u00e1is que iso. Utilizaremos o forno coas patacas e prepararemos a carne, ben picada, cun bo sofrito na tixola. Logo s\u00f3 quedar\u00eda facer o recheo mesturando ben carne e pataca.<\/p>\n<h3><a href=\"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/receitas-de-polo-con-patacas#Receita_de_polo_asado_ao_forno_con_patacas\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">Polo asado ao forno con patacas<\/a><\/h3>\n<p>Unha receita cl\u00e1sica. O bo manexo do forno e dos tempos \u00e9 fundamental para ter un bo resultado con esta receita. O corte das patacas farase en toros finos e xunto ca cebola, actuar\u00e1n como cama para o polo. Recomendaci\u00f3n: xoga cos condimentos para conseguir resultados sorprendentes.<\/p>\n<h3>Patacas ao pobre<\/h3>\n<p>Unha das receitas con patacas m\u00e1is recorrentes na nosa coci\u00f1a. \u00c9 unha receita tradicional, pero mesmo no tradicional p\u00f3dese xogar a innovar. N\u00f3s fac\u00e9mosche d\u00faas propostas: unha con salsa verde e outra con ovos rotos. D\u00faas delicias que seguro che encantar\u00e1n.<\/p>\n<p>E\u00a0 ata aqu\u00ed o noso repaso. Xa co\u00f1eces un bo pu\u00f1ado de receitas que facer con patacas. Unha vez termines con estas ou se prefires buscar outras alternativas, anim\u00e1mosche a visitar o noso libro de <a href=\"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/receitas-con-patacas\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">receitas con patacas<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Neste artigo imos ver que facer con patacas. Basicamente, \u00e9 un repaso a algunhas das nosas receitas con patacas. Ap\u00fantaste?<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":210838,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[338],"tags":[],"class_list":["post-211373","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-receitas-con-patacas"],"amp_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/211373","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=211373"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/211373\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":211382,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/211373\/revisions\/211382"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/210838"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=211373"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=211373"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=211373"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}