{"id":211337,"date":"2020-08-19T08:26:02","date_gmt":"2020-08-19T06:26:02","guid":{"rendered":"https:\/\/www.patatasconde.com\/?p=211337"},"modified":"2020-09-15T08:40:00","modified_gmt":"2020-09-15T06:40:00","slug":"costelas-de-porco-ao-forno-con-patacas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/costelas-de-porco-ao-forno-con-patacas","title":{"rendered":"Receitas de costelas de porco ao forno con patacas"},"content":{"rendered":"<p>Seguro que as costelas de porco ao forno con patacas est\u00e1n no top 4 de receitas favoritas de m\u00e1is dun. Non \u00e9 de estra\u00f1ar. A carne de porco e as patacas l\u00e9vanse mellor que ben e resolven calquera comida con resultados espectaculares. Con esta combinaci\u00f3n de ingredientes podemos caer na tentaci\u00f3n da fritura, pero segue o noso consello: o forno \u00e9 aqu\u00ed o teu mellor aliado. \u00c9o por tres raz\u00f3ns: facilidade de preparaci\u00f3n, amplitude creativa e resultado final.<\/p>\n<p>Atopando os complementos e combinaci\u00f3ns necesarias podemos facer diferentes receitas de carne ao forno con patacas e triunfar con calquera. Neste artigo imos ver 2 receitas de costelas de porco ao forno con patacas diferentes. Como sempre, colle papel e lapis e apunta.<\/p>\n<h2>Receita de costelas de porco ao forno con patacas panadeiras<\/h2>\n<p>Imos cunha versi\u00f3n moi sinxela da receita. Para levala a cabo necesitaremos unha media hora e teremos que traballar en paralelo carne e patacas. Vexamos os ingredientes:<\/p>\n<p><strong>Ingredientes<\/strong><\/p>\n<ul>\n<li>4 tiras de costelas de porco<\/li>\n<li>2 patacas grandes para asar<\/li>\n<li>Alb\u00e1fega<\/li>\n<li>1 vaso de vi\u00f1o branco<\/li>\n<li>AOVE<\/li>\n<li>Sal<\/li>\n<li>Pementa negra<\/li>\n<li>Cebola<\/li>\n<\/ul>\n<p><strong>Modo de preparaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<ol>\n<li>Collemos as tiras de costela de porco e coloc\u00e1molas nunha bandexa.<\/li>\n<li>A continuaci\u00f3n botamos sal, pementa e a alb\u00e1fega. Botamos un chorri\u00f1o de aceite encima.<\/li>\n<li>Logo d\u00e1moslle a volta \u00e1s costelas e repetimos a operaci\u00f3n. Regamos cun vaso de vi\u00f1o branco.<\/li>\n<li>Metemos a bandexa no forno -o cal prequentamos a 180\u00ba durante uns 10 minutos-. Mantemos dita temperatura e deixamos a carne durante uns 45-50 minutos. Procura darlle a volta \u00e1s tiras m\u00e1is ou menos cando pasase a metade de tempo.<\/li>\n<li>En paralelo, prepararemos as patacas. Pel\u00e1molas e cort\u00e1molas en toros finos.<\/li>\n<li>Collemos unha cebola e cort\u00e1mola \u00e1 xuliana.<\/li>\n<li>Noutra bandexa colocamos as patacas e a cebola. Botamos AOVE, sal e podemos condimentar con especias ao gusto.<\/li>\n<li>As patacas tam\u00e9n necesitar\u00e1n m\u00e1is ou menos 25 minutos as\u00ed que, se as metemos ao mesmo tempo que a carne, teremos ambos os elementos listos ao mesmo tempo.<\/li>\n<li>Unha vez estea todo listo sacamos as bandexas do forno. Collemos as tiras de costelas de porco e coloc\u00e1molas sobre a cama de patacas e cebola.<\/li>\n<\/ol>\n<p>Deixa repousar un pouco a comida. Logo xa podes cortar, repartir e gozar.<\/p>\n<h2>Receita de costelas de porco ao forno en salsa grellada e patacas<\/h2>\n<p>Outro cl\u00e1sico. pero non por iso imos deixar de contarche como preparar esta delicia de patacas con carne ao forno. G\u00fastache a salsa grellada? Imos ver como facer esta receita de costelas de porco ao forno con patacas que d\u00e1 xenio.<\/p>\n<p><strong>Ingredientes<\/strong><\/p>\n<ul>\n<li>1 tira de costelas de porco grande<\/li>\n<li>2 patacas grandes para asar<\/li>\n<li>Ketchup<\/li>\n<li>Vinagre<\/li>\n<li>Salsa perrins<\/li>\n<li>Auga<\/li>\n<li>Mostaza<\/li>\n<li>Allo picado<\/li>\n<li>Mel<\/li>\n<li>Cebola<\/li>\n<li>Pementa negra mo\u00edda<\/li>\n<li>Sal<\/li>\n<\/ul>\n<p><strong>Modo de preparaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<ol>\n<li>O primeiro que faremos \u00e9 a salsa grellada caseira. Nun recipiente mesturamos o ketchup, o vinagre, a cebola (despois de triturarla e machucala), o allo (o mesmo que coa cebola), a mostaza, o mel e a <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Salsa_Worcestershire\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">salsa Perrins<\/a>.<\/li>\n<li>Mesturamos todo ben e po\u00f1emos o recipiente no lume durante uns 20 minutos m\u00e1is ou menos. O lume debe ser suave para non queimar a salsa. Imos removendo aos poucos durante eses minutos. Ao final do proceso a salsa reducir\u00e1 e poderemos retirar o recipiente do lume.<\/li>\n<li>Prequentamos o forno a uns 180\u00ba.<\/li>\n<li>Collemos a tira de costelas e unt\u00e1mola coa salsa grellada por ambos os lados. Se tes unha brocha util\u00edzaa. Se non, podes usar unha culler.<\/li>\n<li>Colocamos a carne nunha bandexa e met\u00e9mola no forno durante m\u00e1is ou menos media hora. Sac\u00e1mola e volv\u00e9moslle a esparexer a salsa grellada. Con coidado de non queimarse, d\u00e1moslle a volta \u00e1 tira e volvemos meter a bandexa no forno outra media hora.<\/li>\n<li>Pasado o tempo as costelas deber\u00edan estar listas. Colle un garfo e un coitelo e feixe un corte na tira de costelas para comprobar que a carne est\u00e1 ben feita por dentro. Se \u00e9 as\u00ed, xa podes sacala.<\/li>\n<li>Quenda para as patacas. Imos facelas enteiras. Utilizaremos as <a href=\"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/comprar-patacas-para-asar\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">patacas especiais para asar<\/a>.<\/li>\n<li>as\u00e1molas por auga e sec\u00e1mola.<\/li>\n<li>Bot\u00e1moslles un pouco de sal e pementa e envolv\u00e9molas con papel de aluminio.<\/li>\n<li>Aproveita o forno prequentado para a carne e coloca as patacas noutra bandexa separadas e deixa que se fagan durante unha hora m\u00e1is ou menos. Coloca carne e patacas ao mesmo tempo para ter todo listo para comer de maneira simult\u00e1nea.<\/li>\n<li>Unha vez pasado o tempo, retira as patacas do forno e con moito coidado qu\u00edtalles o papel de aluminio.<\/li>\n<li>Para servir col\u00f3caas sobre o prato e c\u00f3rtaas pola metade.<\/li>\n<\/ol>\n<h2>Bonus: como facer salsa grellada caseira<\/h2>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/izH1SQSTiHI\" width=\"560\" height=\"315\" frameborder=\"0\" allowfullscreen=\"allowfullscreen\"><\/iframe><\/p>\n<p>Seguro que con estas d\u00faas receitas de costelas de porco ao forno con patacas triunfas en calquera ocasi\u00f3n. No noso blogue podes atopar m\u00e1is <a href=\"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/receitas-con-patacas\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">receitas con patacas<\/a> acompa\u00f1adas de carne, peixe&#8230; Anim\u00e1moste a co\u00f1ecelas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Seguro que as costelas de porco ao forno con patacas est\u00e1n no top 4 de receitas favoritas de m\u00e1is dun. Non \u00e9 de estra\u00f1ar.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":210819,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[343,338],"tags":[],"class_list":["post-211337","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-asar","category-receitas-con-patacas"],"amp_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/211337","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=211337"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/211337\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":211340,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/211337\/revisions\/211340"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/210819"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=211337"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=211337"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=211337"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}