{"id":205074,"date":"2019-12-16T11:23:23","date_gmt":"2019-12-16T10:23:23","guid":{"rendered":"https:\/\/www.patatasconde.com\/?p=205074"},"modified":"2020-01-17T11:33:04","modified_gmt":"2020-01-17T10:33:04","slug":"receitas-de-cocina-sinxelas-e-sas-con-patacas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/receitas-de-cocina-sinxelas-e-sas-con-patacas","title":{"rendered":"Receitas de coci\u00f1a sinxelas e sas con patacas"},"content":{"rendered":"<p>Quen dixo que o saudable e o sinxelo non poden ir da man? Lonxe do que se cre, \u00e9 posible facer receitas de coci\u00f1a f\u00e1ciles e sas sen investir gran cantidade de tempo, e que ademais estean ricas! Hoxe traemos unha recompilaci\u00f3n delas.<\/p>\n<h2>Guiso mari\u00f1eiro con patacas<\/h2>\n<p>Se queremos unha receita sa, apostar por algunha con peixe sempre ser\u00e1 un acerto. Nesta ocasi\u00f3n utilizaremos luri\u00f1as para facer un guiso mari\u00f1eiro con alta cantidade de prote\u00ednas e moi pouca graxa.<\/p>\n<p><strong>Ingredientes<\/strong><\/p>\n<ul>\n<li>400 gramos de luri\u00f1a<\/li>\n<li>Media quilo de patacas<\/li>\n<li>Uns 4-5 tomates Unha cebola<\/li>\n<li>Un par de dentes de allo<\/li>\n<li>Aceite de oliva<\/li>\n<li>Pementa, pirixel e sal<\/li>\n<\/ul>\n<p><strong>Modo de preparaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<ol>\n<li>Unha vez que temos as luri\u00f1as, limp\u00e1molas ben e cort\u00e1molas en anacos.<\/li>\n<li>A continuaci\u00f3n, limpamos ben os tomates e quit\u00e1moslles a pel, cort\u00e1molos en cruz e escald\u00e1molos.<\/li>\n<li>Po\u00f1emos nunha cazola a cebola en anacos e engad\u00edmoslle os tomates xa escaldados. Incorporamos tam\u00e9n os allos picados e o pirixel. Salpimentamos ao noso gusto e deixamos que sofr\u00eda.<\/li>\n<li>Despois duns minutos, engadimos os anacos de luri\u00f1a e deixamos que se faga a lume lento durante, aproximadamente, 30 minutos.<\/li>\n<li>Mentres tanto, po\u00f1\u00e9monos ao choio coas patacas. Pel\u00e1molas, cortamos e engadimos ao rustrido. Cubrimos todos os ingredientes con auga e deixamos ferver.<\/li>\n<li>Por \u00faltimo, s\u00f3 nos queda empratar.<\/li>\n<\/ol>\n<h2>Patacas recheas<\/h2>\n<p>Un cl\u00e1sico que, sen d\u00fabida, conta con infinidade de receitas. E non pod\u00eda faltar na nosa recompilaci\u00f3n de receitas de coci\u00f1a f\u00e1ciles e sas. Entre as receitas m\u00e1is com\u00fans atop\u00e1monos moitas que se basean en encher as patacas con carne, pero no blogue de hoxe n\u00f3s seguimos apostando polo rei da gastronom\u00eda galega: o peixe, e encher\u00e9molas de at\u00fan.<\/p>\n<p><strong>Ingredientes<\/strong><\/p>\n<ul>\n<li>Cantidade de patacas ao gusto<\/li>\n<li>Un par de latas de at\u00fan en aceite de oliva<\/li>\n<li>Un par de ovos cocidos<\/li>\n<li>Pirixel<\/li>\n<li>Un pemento grande (verde ou vermello)<\/li>\n<li>Media cebola<\/li>\n<li>Aceite de oliva<\/li>\n<li>Vinagre<\/li>\n<li>Sal<\/li>\n<\/ul>\n<p><strong>Modo de preparaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<ol>\n<li>Po\u00f1emos unha pota ao lume con suficiente auga e engadimos sal. Deixamos que quenza mentres lavamos ben as patacas. Cando a auga estea quente engad\u00edmolas e deix\u00e1molas cocer.<\/li>\n<li>Nunha tixola aparte, sofrixmos a cebola picada e o pemento, picado tam\u00e9n. Po\u00f1emos nunha pota pequena os ovos para cocer.<\/li>\n<li>Cando as patacas estean cocidas, retir\u00e1molas do lume e deix\u00e1molas arrefriar. Cort\u00e1molas ao medio e cunha culler imos retirando a carne da pataca, tentando non romper a pel.<\/li>\n<li>Nun prato aparte, ou en calquera outro recipiente, deixamos o contido da pataca que extraemos. Engad\u00edmoslle o resto de ingredientes: a cebola e o pemento sofrito, o perexil picado, os ovos en pequenos anacos e o at\u00fan. Removemos todos os ingredientes e enchemos novamente as patacas con esa mestura.<\/li>\n<li>E xa s\u00f3 nos quedar\u00eda empratalas.<\/li>\n<\/ol>\n<h2>Champi\u00f1\u00f3ns con patacas guisadas<\/h2>\n<p>Unha opci\u00f3n saudable ser\u00eda engadirlle cogomelos ou champi\u00f1\u00f3ns \u00e1 t\u00faa receita con patacas. Moi f\u00e1cil e sinxela de preparar, conv\u00e9rtese nunha riqu\u00edsima alternativa se queres fuxir das tradicionais receitas con carne ou peixe.<\/p>\n<p><strong>Ingredientes<\/strong><\/p>\n<ul>\n<li>3-4 patacas medianas<\/li>\n<li>350 gramos de champi\u00f1\u00f3ns<\/li>\n<li>Unha cebola<\/li>\n<li>Un pemento verde ou vermello<\/li>\n<li>Un par de dentes de allo<\/li>\n<li>Pementa mo\u00edda<\/li>\n<li>Sal<\/li>\n<li>Aceite de oliva<\/li>\n<\/ul>\n<p><strong>Modo de preparaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<ol>\n<li>Limpamos, pelamos e cortamos as patacas en anacos pequenos. Apart\u00e1molas nun prato.<\/li>\n<li>O seguinte paso ser\u00e1n os champi\u00f1\u00f3ns: lav\u00e1molos ben, limp\u00e1molos e cort\u00e1molos en anacos. Deix\u00e1molos tam\u00e9n apartados.<\/li>\n<li>Nunha cazola con fondo de aceite de oliva botamos os allos picados e o pemento en anaqui\u00f1os. Sofre\u00edmos todo a lume medio-baixo durante poucos minutos, con 2-3 ser\u00e1 suficiente.<\/li>\n<li>Nun morteiro machucamos o rustrido e engadimos sal. Reservamos.<\/li>\n<li>Na mesma cazola e co mesmo aceite engadimos a cebola picada e deixamos que se poche a lume baixo. Unha vez estea pochada, engadimos os champi\u00f1\u00f3ns. Un par de minutos despois, engadimos tam\u00e9n as patacas. Salpimentamos ao gusto e deixamos que se faga durante uns minutos, non m\u00e1is de cinco. Mentres, imos removendo.<\/li>\n<li>Engadimos auga \u00e1 cazola, a cantidade xusta para que se cubran as patacas. Deixamos que se fagan a lume medio e cando se po\u00f1an brandas, retiramos.<\/li>\n<li>Por \u00faltimo, empratamos.<\/li>\n<\/ol>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Quen dixo que o saudable e o f\u00e1cil non poden ir da man? Lonxe do que se cre, \u00e9 posible facer receitas de coci\u00f1a f\u00e1ciles e sas sen investir moito tempo. <\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":202792,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[342,338,341],"tags":[],"class_list":["post-205074","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-cocer","category-receitas-con-patacas","category-guarnicion"],"amp_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/205074","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=205074"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/205074\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":205080,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/205074\/revisions\/205080"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/202792"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=205074"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=205074"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=205074"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}