{"id":18526,"date":"2019-06-28T16:56:38","date_gmt":"2019-06-28T14:56:38","guid":{"rendered":"https:\/\/www.patatasconde.com\/?p=18526"},"modified":"2019-06-28T16:56:38","modified_gmt":"2019-06-28T14:56:38","slug":"como-facer-patacas-os-clasicos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/como-facer-patacas-os-clasicos","title":{"rendered":"Como facer patacas? Os cl\u00e1sicos"},"content":{"rendered":"<p>Enc\u00e1ntanche as patacas. Sempre forman parte das t\u00faas receitas f\u00e1ciles do d\u00eda a d\u00eda e tam\u00e9n para aquelas m\u00e1is elaboradas, as que gardas para ocasi\u00f3ns especiais. Para moita xente o como facelas non ten moito misterio. Para outras persoas, para que imos negalo, a cousa p\u00f3nselle dif\u00edcil e \u00e9 unha pena, xa que \u00e9 un ingrediente ideal para unha comida s\u00e1. Neste artigo tentaremos po\u00f1ercho un pouco m\u00e1is f\u00e1cil cont\u00e1ndoche os pequenos secretos das diferentes formas de facer patacas. Imos al\u00e1!<\/p>\n<h2>Preparar patacas fritas<\/h2>\n<p>Vas preparar as patacas fritas perfectas grazas \u00e1 nosa receita. Hai varios factores para ter en conta: a cantidade de aceite, a variedade da pataca, o corte, o tempo de fritura. Vexamos todo iso paso a paso.<\/p>\n<h3>Agria: a mellor variedade para fritir<\/h3>\n<p>A variedade agre \u00e9 considerada a <a href=\"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/patacas-para-fritir\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">mellor pataca para a fritur<\/a>a. Son patacas coa pel extremadamente fina e ao pelalas descubrimos unha carne dunha cor amarela intensa. Ademais, esta variedade ten baixo contido en azucres. Todas estas calidades son as que converten as patacas de variedade agre na mellor opci\u00f3n se imos coller a tixola. Por tanto, f\u00edxache cando vaias comprar. Podo destinar a pataca agria a outro tipo de preparaci\u00f3n? A resposta \u00e9 si.<\/p>\n<p>A nosa receita \u00e9 moi sinxela, pero o resultado ser\u00e1 fant\u00e1stico. Empecemos.<\/p>\n<ol>\n<li>Pela as patacas e c\u00f3rtaas en tiras. Non te pases de 8 mm no ancho e o alto. Procura que o corte sexa regular.<\/li>\n<li>Lava as patacas con auga fr\u00eda, cinco minutos ser\u00e1n suficientes. A continuaci\u00f3n esc\u00f3rrelas e col\u00f3caas nun recipiente para secar.<\/li>\n<li>Imos coa tixola. Colle unha botella de aceite de oliva virxe extra e bota un bo chorro. A cantidade de aceite debe ser suficiente como para cubrir todas as patacas. Quenta o aceite ata que rolde os 120\u00ba. Un truco para saber cando estar\u00e1 \u00e1 temperatura adecuada? B\u00f3talle ao aceite un pequeno anaco de pan. Aboia moi r\u00e1pido? A\u00ednda lle falta un pouco.<\/li>\n<li>O aceite est\u00e1 no punto adecuado de temperatura e \u00e9 hora de botar as patacas. Faino aos poucos, se as botamos todas de golpe o aceite poder\u00eda arrefriarse.<\/li>\n<li>Imos realizar d\u00faas frituras. A primeira durar\u00e1 un pouco menos de dez minutos. Logo retiras as patacas e col\u00f3calas nun recipiente cun papel absorbente.<\/li>\n<li>Feito isto debes subir a temperatura do aceite. Uns 180\u00ba estar\u00e1n ben. Devolve as patacas \u00e1 tixola e faille a segunda fritura durante algo menos de 5 minutos.<\/li>\n<li>Este proceso de dobre fritura leva a cabo para que se fagan ben por dentro e d\u00f3urense \u00e1 perfecci\u00f3n por f\u00f3ra.<\/li>\n<li>Saca as patacas do aceite, esc\u00farrelas e xa podes servilas.<\/li>\n<\/ol>\n<p>Xa sabemos como fritir patacas. Nun futuro artigo veremos formas de preparar patacas fritas para seguir mellorando as t\u00faas habilidades culinarias.<\/p>\n<h2>Receita de patacas cocidas<\/h2>\n<p>Imos cocer patacas. Como puideches comprobar as receitas con patacas cocidas son habituais na gastronom\u00eda galega e espa\u00f1ola. Por iso \u00e9 moi importante que a <a href=\"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/comprar-patacas-para-cocer\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">pataca cocida<\/a> estea ben feita, ou estragar\u00e1 boas receitas. Imos co modo de preparaci\u00f3n.<\/p>\n<ol>\n<li>Cocer con pel ou sen pel? Vela\u00ed a cuesti\u00f3n. Ao pelalas perder\u00e1 parte do amid\u00f3n que lle d\u00e1 o seu sabor caracter\u00edstico, polo que podes optar por non pelalas. Ademais, unha vez cocidas \u00e9 moi f\u00e1cil retirarlles a pel.<\/li>\n<li>Unha das cuesti\u00f3ns m\u00e1is importantes a ter en conta \u00e9 o tama\u00f1o das patacas. Tes que procurar que sexa m\u00e1is ou menos homox\u00e9neo para que o tempo de cocci\u00f3n de todas as patacas sexa o mesmo. Se por exemplo botas unha pataca moi grande e outra moi pequena, esta \u00faltima cocerase moito m\u00e1is r\u00e1pido que a primeira e non che interesa. Se tes un pu\u00f1ado de patacas demasiado desiguais, c\u00f3rtalas en anacos dun tama\u00f1o similar.<\/li>\n<li>Colle unha cazola ou unha pota e \u00e9nchea de auga. Que cantidade de auga necesitas para ferver patacas? Procura que o volume exceda levemente as patacas unha vez introducidas na cazola. Evitaremos as\u00ed que as patacas queden sen auga debido \u00e1 evaporaci\u00f3n que se producir\u00e1 durante a cocci\u00f3n.<\/li>\n<li>Bota as patacas na auga e tam\u00e9n unha presi\u00f1a de sal. O tub\u00e9rculo absorber\u00e1a durante a cocci\u00f3n e coller\u00e1n moi bo sabor.<\/li>\n<li>Canto tempo para cocer patacas? Depende un pouco do seu tama\u00f1o pero m\u00e1is ou menos rolda entre os 25 minutos e a media hora. Como saber\u00e1s cando xa est\u00e1n cocidas? P\u00edcaas cun garfo. Se se deixan picar e mesmo romper con certa facilidade, saber\u00e1s que est\u00e1n listas.<\/li>\n<li>Cando xa estean cocidas esc\u00f3rrelles a auga e d\u00e9ixaas repousar coa cazola tapada. As\u00ed compactaranse ben e ter\u00e1n unha consistencia ideal na boca.<\/li>\n<\/ol>\n<h2>Asadas? Si, por favor<\/h2>\n<p>Unha das f\u00f3rmulas m\u00e1is recorrentes, creativas e sas: <a href=\"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/comprar-patacas-para-asar\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">o forno<\/a>. Imos botarlle unha ollada ao modo de preparaci\u00f3n.<\/p>\n<ol>\n<li>Empeza lavando os tub\u00e9rculos con auga. Fai esta tarefa a conciencia, xa que debemos evitar posibles restos de terra. Nesta ocasi\u00f3n non imos pelar a pataca.<\/li>\n<li>Quenta o forno a uns 180\u00ba.<\/li>\n<li>Colle o recipiente que ir\u00e1 ao forno e \u00fantalo ben con aceite de oliva virxe extra.<\/li>\n<li>Corta as patacas. Procura que os anacos sexan de igual tama\u00f1o para que o enfornado sexa regular e ao mesmo tempo. B\u00f3talles sal ao gusto. Logo podes engadir condimentos.<\/li>\n<li>\u00c9 hora de colocalas no recipiente. Faino de tal forma que a pel quede cara arriba. A carne impregnarase co aceite e os condimentos absorberanse mellor.<\/li>\n<li>Hora de meter as patacas ao forno. Canto tempo de enfornado? M\u00e1is ou menos media hora.<\/li>\n<li>Se xa pasaron os 30 minutos e queres comprobar se est\u00e1n listas, f\u00edxate no seu aspecto. Se est\u00e1n engurradas estar\u00e1n listas. Unha comprobaci\u00f3n adicional: se se deslizan con facilidade polo aceite tam\u00e9n saber\u00e1s que xa est\u00e1n listas.<\/li>\n<\/ol>\n<p>Como sempre, o \u00faltimo paso \u00e9 servir. Estamos a preparar unha publicaci\u00f3n con diferentes receitas ao forno. Seguro que che dan algunha boa idea.<\/p>\n<h2>Receita de pur\u00e9 de patacas<\/h2>\n<p>Para preparar un bo pur\u00e9 de patacas caseiro debes ter en conta todos estes elementos: o tipo de pataca, a cocci\u00f3n, o triturado e a adici\u00f3n dos demais ingredientes. Polas s\u00faas caracter\u00edsticas, a variedade Kennebec consegue unha consistencia moi cremosa no resultado final, imos utilizala.<\/p>\n<ol>\n<li>No que se refire \u00e1 cocci\u00f3n segue os pasos habituais, pero non cortes as patacas. Selecciona varias do mesmo tama\u00f1o e c\u00f3ceas segundo o m\u00e9todo antes indicado.<\/li>\n<li>Retira a auga e p\u00e9laas mentres seguen quentes.<\/li>\n<li>Chega o momento de triturar. Para conseguir unha boa textura utiliza un pasapur\u00e9 ou mesmo un garfo, a\u00ednda que esta \u00faltima opci\u00f3n conlevar\u00e1 m\u00e1is tempo e esforzo.<\/li>\n<li>Quenta leite nun cazo.<\/li>\n<li>Engade manteiga. Faino mentres a pataca est\u00e1 quente, para que a manteiga se derrita e se mesture ben.<\/li>\n<li>Bota o leite quente sobre a mestura e segue mesturando. Corrixe de sal se ves que te quedaches curto.<\/li>\n<\/ol>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Enc\u00e1ntanche as patacas. Sempre forman parte das t\u00faas receitas f\u00e1ciles do d\u00eda a d\u00eda e tam\u00e9n para aquelas m\u00e1is elaboradas, as que gardas para ocasi\u00f3ns especiais. Para moita xente o como facelas non ten moito misterio. Para outras persoas, para que imos negalo, a cousa&#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":18390,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[342,340,343,338],"tags":[],"class_list":["post-18526","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-cocer","category-fritir","category-asar","category-receitas-con-patacas"],"amp_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/18526","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=18526"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/18526\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":35287,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/18526\/revisions\/35287"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/18390"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=18526"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=18526"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=18526"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}