{"id":15623,"date":"2019-01-29T16:51:55","date_gmt":"2019-01-29T15:51:55","guid":{"rendered":"https:\/\/www.patatasconde.com\/?page_id=15623"},"modified":"2024-05-09T13:06:18","modified_gmt":"2024-05-09T11:06:18","slug":"condicions-de-compra","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/condicions-de-compra","title":{"rendered":"Condici\u00f3ns de compra"},"content":{"rendered":"<h1>Condici\u00f3ns de compra<\/h1>\n<p>As condici\u00f3ns de compra (en adiante as Condici\u00f3ns) expostas deseguido regulan a venda dos produtos do sitio web \u201cwww.patatasconde.com\u201d ou tenda online presentado por Patatas Conde, S.L., (en adiante, PATATAS CONDE), con s\u00e9 social en Xinzo de Limia, Ctra. Nac. 525, Km. 200 &#8211; 32630 Ourense, e con enderezo de correo electr\u00f3nico <a href=\"mailto:calidad@patatasconde.com\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">calidad@patatasconde.com<\/a>, CIF n\u00famero B-32034423, e inscrita no Rexistro Mercantil de Ourense, Tomo 120, Libro 42, secci\u00f3n 2\u00aa, folio 13, folla 1375<\/p>\n<p>Preg\u00e1moslle ler detidamente as Condici\u00f3ns antes de usar esta p\u00e1xina web. Cando utilizar ou fixer un pedido por medio desta p\u00e1xina web, vostede acepta as Condici\u00f3ns e consinte ficar vinculado por elas, polo que se vostede non concordar co contido \u00edntegro das Condici\u00f3ns, non deber\u00e1 de utilizar esta p\u00e1xina web. Estas Condici\u00f3ns poden ser modificadas en calquera momento, ficando aplic\u00e1beis as Condici\u00f3ns vixentes no momento do uso da p\u00e1xina web.<\/p>\n<h2><strong>01. ENV\u00cdOS<\/strong><\/h2>\n<h3><strong>A) Para Espa\u00f1a<\/strong><\/h3>\n<p><strong>Env\u00edo Express: <\/strong>O prazo de entrega m\u00e1ximo \u00e9 de 48 horas en d\u00edas laborais.<\/p>\n<p>O env\u00edo \u00e9 gratu\u00edto, independentemente do importe da compra.<\/p>\n<p>Os prazos de env\u00edo poder\u00e1n variar en per\u00edodos promocionais, de rebaixas ou en caso de falta de dispo\u00f1ibilidade nos nosos almac\u00e9ns.<\/p>\n<p><strong>Env\u00edos a Canarias, Illes Balears, Ceuta e Melilla<\/strong><\/p>\n<p>Actualmente non realizamos env\u00edos a Canarias, Illes Balears, Ceuta e Melilla. Estamos a traballar para mellorar os nosos env\u00edos e poder ofrecer esta posibilidade axi\u00f1a.<\/p>\n<h3><strong>B) Para Europa<\/strong><\/h3>\n<p>Actualmente non realizamos env\u00edos a Europa. Estamos a traballar para mellorar os nosos env\u00edos e poder ofrecer esta posibilidade axi\u00f1a.<\/p>\n<h3><strong>C) Condici\u00f3ns de env\u00edo<\/strong><\/h3>\n<p>O env\u00edo dos artigos mercados en PATATAS CONDE \u00e9 realizado por unha empresa de mensaxar\u00eda. Os prazos poden variar en env\u00edos realizados en per\u00edodos de rebaixas ou promoci\u00f3ns, as\u00ed como a zonas que impliquen xesti\u00f3n aduaneira.<\/p>\n<p>Entenderase que o pedido foi entregado correctamente cando for asinada a s\u00faa recepci\u00f3n no enderezo de entrega convido.<\/p>\n<p>A fin de evitar incidencias na entrega (tal como enderezos err\u00f3neos, imposibilidade de atopar algu\u00e9n no domicilio, etc.), \u00e9 imprescind\u00edbel cubrir correctamente o formulario de compra, sendo tam\u00e9n recomend\u00e1bel facilitar un tel\u00e9fono de contacto no cadro correspondente. Igualmente, poder\u00e1 realizarse o seguimento dos pedidos na p\u00e1xina web da nosa mensaxar\u00eda.<\/p>\n<h2><strong>02. CAMBIOS E DEVOLUCI\u00d3NS<\/strong><\/h2>\n<p>Os cambios tramitados xerar\u00e1n a substituci\u00f3n do artigo adquirido por outro da mesma referencia. As devoluci\u00f3ns xerar\u00e1n o reembolso do importe aboado polo cliente.<\/p>\n<p>En ambos casos, non se far\u00e1 uso dun servizo de recollida do produto que houber que cambiar ou devolver, e ficar\u00e1 en decisi\u00f3n do cliente o destino final que recibir\u00e1 dito produto.<\/p>\n<h3><strong>2.1. CAMBIOS<\/strong><\/h3>\n<p>Se non quedar satisfeito logo de recibir o pedido, Patatas Conde pon \u00e1 s\u00faa disposici\u00f3n o servizo de cambio a domicilio nun prazo de 14 d\u00edas. Estes prazos te\u00f1en validez desde a data da s\u00faa recepci\u00f3n.<\/p>\n<p>Non se admitir\u00e1 o cambio dun artigo por outro distinto. Para cambiar un artigo por outro diferente, cumprir\u00e1 devolvelo e realizar unha nova compra. O servizo de cambio fica limitado a un \u00fanico cambio por pedido, e poder\u00e1 inclu\u00edr tantos artigos do pedido como requirir.<\/p>\n<p><u>Como proceder<\/u>:<\/p>\n<ol>\n<li>Contacte con Atenci\u00f3n ao Cliente no tel\u00e9fono 988 462 477, enviando un e-mail a <a href=\"mailto:calidad@patatasconde.com\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">calidad@patatasconde.com<\/a>\u00a0para solicitar o cambio do artigo ou artigos que desexa realizar.<\/li>\n<li>Os nosos axentes solicitaranlle o n\u00famero de pedido as\u00ed como unha proba fotogr\u00e1fica que faga referencia ao aspecto defectuoso do artigo.<\/li>\n<li>3. Ap\u00f3s confirmar o cambio, os nosos axentes notificaranllo e enviaranlle un mensaxeiro ao seu domicilio ou oficina nos mesmos termos e condici\u00f3ns ca nun novo pedido.<\/li>\n<li>O noso servizo de mensaxar\u00eda realizar\u00e1 a xesti\u00f3n e entregaranlle o artigo de substituci\u00f3n dentro do horario previsto.<\/li>\n<\/ol>\n<h3><strong>2.2. DEVOLUCI\u00d3NS<\/strong><\/h3>\n<p>Poder\u00e1n devolverse de balde t\u00f3dolos artigos adquiridos que non foren da completa satisfacci\u00f3n do cliente. Ap\u00f3s recibir o pedido, disp\u00f3n dun prazo m\u00e1ximo de 14 d\u00edas naturais para notificar e xestionar a devoluci\u00f3n.<\/p>\n<p>Non concorrer\u00e1 en ning\u00fan gasto como consecuencia do reembolso.<\/p>\n<p><u>Como proceder:<\/u><\/p>\n<ol>\n<li>Contacte con Atenci\u00f3n ao Cliente no tel\u00e9fono 988 462 477, enviando un e-mail a <a href=\"mailto:calidad@patatasconde.com\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">calidad@patatasconde.com<\/a>\u00a0para solicitar a devoluci\u00f3n do artigo ou artigos que desexa realizar.<\/li>\n<li>Os nosos axentes solicitaranlle o n\u00famero de pedido as\u00ed como unha proba fotogr\u00e1fica que faga referencia ao aspecto defectuoso do artigo.<\/li>\n<li>Os nosos axentes poranse en contacto de novo para confirmar a devoluci\u00f3n.<\/li>\n<\/ol>\n<h3><strong>C) Devoluci\u00f3n do importe<\/strong><\/h3>\n<p>No caso de realizar o pagamento por transferencia ou contra reembolso, o cliente deber\u00e1 inclu\u00edr no formulario de devoluci\u00f3n o n\u00famero de conta corrente no que desexa recibir o ingreso.<\/p>\n<p>A devoluci\u00f3n dos cartos efectuarase na s\u00faa conta bancaria (no caso de pagar contra reembolso ou mediante transferencia) ou directamente na s\u00faa tarxeta (no caso de pagar con tarxeta de cr\u00e9dito ou d\u00e9bito). Esta opci\u00f3n implica un proceso de xesti\u00f3n, polo que a devoluci\u00f3n se far\u00e1 efectiva nun prazo aproximado de 14 d\u00edas h\u00e1biles.<\/p>\n<h3><strong>D) Condici\u00f3ns de devoluci\u00f3n<\/strong><\/h3>\n<p>PATATAS CONDE non aceptar\u00e1 cambios ou devoluci\u00f3ns que non fosen comunicados previamente polas v\u00edas indicadas.<\/p>\n<p>Para calquera reclamaci\u00f3n, \u00e9 imprescind\u00edbel a presentaci\u00f3n da factura de compra.<\/p>\n<h3><strong>E) Dereito de desestimaci\u00f3n<\/strong><\/h3>\n<p>O cliente ten dereito a desistir do presente contrato nun prazo de 14 d\u00edas naturais sen necesidade de xustificaci\u00f3n.<\/p>\n<p>O prazo de desestimaci\u00f3n expira aos 14 d\u00edas naturais do d\u00eda no que o cliente adquirir os bens.<\/p>\n<p>Para exercer o dereito de desestimaci\u00f3n, c\u00f3mpre notificarnos a decisi\u00f3n de desistir do contrato por medio dunha declaraci\u00f3n inequ\u00edvoca (por exemplo, unha carta enviada por correo postal ou correo electr\u00f3nico):<\/p>\n<p><strong>Correo postal: <\/strong>PATATAS CONDE, S.L. Ctra. Nac. 525, Km. 200 &#8211; 32630 Xinzo de Limia, Ourense<\/p>\n<p><strong>Tel\u00e9fono: <\/strong>988 462 477<\/p>\n<p><strong>Enderezo electr\u00f3nico:<\/strong> <a href=\"mailto:calidad@patatasconde.com\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">calidad@patatasconde.com<\/a><\/p>\n<p>Para cumprir o prazo de desestimaci\u00f3n, abonda con enviar a comunicaci\u00f3n relativa ao exercicio deste dereito antes de o prazo correspondente vencer.<\/p>\n<p><strong>Consecuencias da desestimaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>No caso de desestimaci\u00f3n, devolver\u00e9moslle ao cliente t\u00f3dolos pagamentos recibidos trala compra, sen ningunha delonga indebida e, en todo caso, a m\u00e1is tardar 14 d\u00edas naturais a partir da data na que nos informe da decisi\u00f3n de desistir do presente contrato. Efectuaremos dito reembolso empregando o mesmo medio de pagamento empregado polo cliente para a transacci\u00f3n inicial, ag\u00e1s o cliente dispo\u00f1er expresamente o contrario. En todo caso, non concorrer\u00e1 en ning\u00fan gasto como consecuencia do reembolso.<\/p>\n<p>Poderemos reter o reembolso at\u00e9 recibir os bens, ou at\u00e9 o cliente presentar unha proba da s\u00faa devoluci\u00f3n, segundo a condici\u00f3n que se cumpra primeiro.<\/p>\n<p>S\u00f3 ser\u00e1 vostede respons\u00e1bel da diminuci\u00f3n do valor dos bens resultante dunha manipulaci\u00f3n distinta \u00e1 necesaria para establecer a natureza, as caracter\u00edsticas e o funcionamento dos bens.<\/p>\n<h2><strong>03. FORMAS DE PAGAMENTO E SEGURIDADE<\/strong><\/h2>\n<p>PATATAS CONDE Online s\u00f3 aceptar\u00e1 pagamentos mediante transferencia, tarxeta de cr\u00e9dito ou d\u00e9bito (Visa e MasterCard) e contra reembolso (s\u00f3 para territorio espa\u00f1ol: pen\u00ednsula e Baleares).<\/p>\n<p>Para a opci\u00f3n de pagamento por transferencia, o n\u00famero de conta desde a que se realice o abonamento deber\u00e1 de ser unha conta corrente dun banco do pa\u00eds de facturaci\u00f3n do pedido. T\u00f3dolos gastos derivados de realizar o pagamento por transferencia ir\u00e1n a cargo do cliente. Para efectuar a transferencia, facilitar\u00e1selles aos clientes o n\u00famero de conta na que deber\u00e1n de realizar o ingreso. Para pedidos no territorio nacional (Espa\u00f1a) o n\u00famero de conta \u00e9: IBAN <strong>ES26-0182-5522-16-0208532888<\/strong> e BIC\/C\u00f3digo SWIFT: <strong>BBVAESMM<\/strong>XXX.<\/p>\n<p>Na referencia, \u00e9 moi importante que o cliente remita o seu n\u00famero de pedido e nome completo.<\/p>\n<p>Ex.- 700101571 \u2013 Rosal\u00eda De Castro<\/p>\n<p>O pagamento deber\u00e1 de realizarse nun prazo de cinco d\u00edas laborais a partir da data na que se realizou o pedido. O pedido non se considerar\u00e1 aceptado at\u00e9 que se constante efectivamente a recepci\u00f3n do ingreso. Se PATATAS CONDE non recibir o importe correspondente ap\u00f3s cinco d\u00edas h\u00e1biles, procederase \u00e1 cancelaci\u00f3n da compra.<\/p>\n<p>Nos pagamentos con tarxeta de cr\u00e9dito ou d\u00e9bito, o cargo realizarase en tempo real por medio da pasarela de pagamento da entidade financeira correspondente, logo de comprobarse a autenticidade dos datos comunicados.<\/p>\n<p>PATATAS CONDE utiliza sistemas de pagamento seguro de entidades financeiras de primeira li\u00f1a en comercio electr\u00f3nico, co obxectivo de ofrecer a m\u00e1xima seguridade. Neste senso, PATATAS CONDE identif\u00edcase como comerciante de comercio electr\u00f3nico (comerciantes con tarxetas ausentas) e non almacena, procesa nin transmite datos de titulares de tarxeta en formato electr\u00f3nico nos<a name=\"_Toc38707293\"><\/a> seus sistemas ou instalaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>PATATAS CONDE confirma que para esta canle de pagamento:<\/p>\n<ul>\n<li>A empresa s\u00f3 manexa transacci\u00f3ns con tarxeta ausente (comercio electr\u00f3nico e ordes por correo\/tel\u00e9fono);<\/li>\n<li>Todo o procesamento dos datos dos titulares das tarxetas terceir\u00edzase totalmente a procesadores de pagamento externos validados polas PCI DSS:<\/li>\n<li>A empresa non almacena, procesa nin transmite en forma electr\u00f3nica datos dos titulares de tarxetas nos seus sistemas ou locais, mais depende completamente de un ou varios terceiros que realizan estas funci\u00f3ns;<\/li>\n<li>A empresa confirmou que o terceiro ou os terceiros que manexan o almacenamento, o procesamento e\/ou a transmisi\u00f3n dos datos dos titulares de tarxetas cumpren coas PCD DSS; e<\/li>\n<li>A empresa s\u00f3 ret\u00e9n informes ou recibos en papel cos datos dos titulares de tarxetas, e estes documentos non se reciben por medios electr\u00f3nicos.<\/li>\n<\/ul>\n<p><em>Ademais, para as canles de comercio electr\u00f3nico: <\/em><\/p>\n<ul>\n<li>A totalidade das p\u00e1xinas de pagamento que se entregan ao explorador do consumidor te\u00f1en a s\u00faa orixe directamente nos provedores dos servizos externos validados polas PCI DSS.<\/li>\n<\/ul>\n<p>PATATAS CONDE res\u00e9rvase o dereito de comprobar os datos persoais facilitados polo cliente e adoptar as disposici\u00f3ns que considere oportunas (inclu\u00edda a cancelaci\u00f3n do pedido), co obxectivo de colaborar na prevenci\u00f3n do fraude por medio de Internet, para a mercanc\u00eda adquirida ser entregada de conformidade cos datos que figuran no pedido.<\/p>\n<p>PATATAS CONDE emitir\u00e1 unha factura que se adxunta no email de confirmaci\u00f3n de compra, logo de o pedido for enviado de nosos almac\u00e9ns. PATATAS CONDE advirte que non poder\u00e1 modificar posteriormente as facturas de venda en cumprimento coa norma vixente. (Real Decreto 1496\/2003 sobre normas de facturaci\u00f3n, modificado por Real Decreto 87\/2005). A factura emitirase a nome da persoa f\u00edsica ou empresa que realiza o pedido, polo que o cliente debe procurar o pedido ser realizado co nome correcto. Non ser\u00e1 pos\u00edbel realizar cambios posteriores.<\/p>\n<h2><strong>04. MOEDA E IMPOSTOS<\/strong><\/h2>\n<p>Os prezos desta p\u00e1xina web est\u00e1n en euros.<\/p>\n<p>Ap\u00f3s cubrir a orde de compra e antes de realizar o pagamento, facilitar\u00e9moslle un resumo final identificando o\/os artigo\/s adquirido\/s e o seu prezo total (inclu\u00eddos transporte e impostos).<\/p>\n<p>Segundo a lexislaci\u00f3n vixente, PATATAS CONDE ten a obriga de repercutir IVA ao tipo legalmente establecido no seu momento, conforme o caso.<\/p>\n<p>O prezo e outras condici\u00f3ns e caracter\u00edsticas de cada produto son as que aparecen na p\u00e1xina web no momento de realizar a s\u00faa solicitude de compra, ag\u00e1s erro manifesto. No caso de erro manifesto sobre o prezo ou calquera outra caracter\u00edstica dun produto, comunicar\u00e1selle esta circunstancia e non estar\u00e1 obrigado a tramitar a compra.<\/p>\n<h2><strong>05. GARANT\u00cdAS DE COMPRA<\/strong><\/h2>\n<p>A garant\u00eda legal dos produtos ofrecidos por Patatas Conde \u00e9 a que se establece no Real Decreto Lexislativo 1\/2007 de 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios.<\/p>\n<p>Ag\u00e1s for estimado o contrario, entenderase que os produtos son conformes co contrato sempre que cumpriren t\u00f3dolos requisitos que se expresan deseguido:<\/p>\n<p>1- Se axusten \u00e1 descrici\u00f3n realizada polo vendedor e te\u00f1an as calidades do produto que o vendedor lle presentase ao consumidor e usuario na p\u00e1xina Web ou en forma de mostra ou modelo.<\/p>\n<p>2-Sexan aptos para os usos a que ordinariamente se destinen os produtos do mesmo tipo.<\/p>\n<p>3-Presenten a calidade e prestaci\u00f3ns habituais dun produto do mesmo tipo que o consumidor e usuario puideren fundadamente esperar, tendo en conta a natureza do produto.<\/p>\n<p>A Lei de Defensa de Consumidores se Usuarios ofrece un prazo de garant\u00eda de dous anos desde a recepci\u00f3n do produto. Por\u00e9n, dito prazo ficar\u00e1 condicionado pola natureza do propio produto, cando a s\u00faa vida \u00fatil for inferior ao prazo de garant\u00eda marcado pola Lei, como \u00e9 o caso dos produtos perecedoiros.<\/p>\n<p>PATATAS CONDE realiza un traballo fotogr\u00e1fico para amosar os artigos da forma m\u00e1is real pos\u00edbel. Por\u00e9n, os artigos poden estar suxeitos a variaci\u00f3ns de cor dependendo da calibraci\u00f3n do seu monitor.<\/p>\n<h2><strong>06. CONTACTO<\/strong><\/h2>\n<p>Para calquera tipo de d\u00fabida, consulta ou suxesti\u00f3n, pode enviarnos os seus comentarios por correo postal ao Dpto. Atenci\u00f3n Cliente, Ctra. Nac. 525, Km. 200 &#8211; 32630 Xinzo de Limia, Ourense, por correo electr\u00f3nico: <a href=\"mailto:calidad@patatasconde.com\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">calidad@patatasconde.com<\/a>, cham\u00e1ndonos ao n\u00famero de tel\u00e9fono 988 462 477 de luns a venres de 9:00h a 18:00h.<\/p>\n<h2><strong>07. SEGURIDADE E CONFIDENCIALIDADE DE DATOS<\/strong><\/h2>\n<p>En PATATAS CONDE valoramos a s\u00faa confianza en n\u00f3s. Por iso, o noso maior compromiso \u00e9 certificar a confidencialidade dos seus datos. As ideas, suxesti\u00f3ns ou calquera outra informaci\u00f3n que decida facilitarnos, s\u00f3 ser\u00e1 utilizada para proporcionarlle un servizo mellor, cumprindo en todo momento o recollido deseguido en materia de protecci\u00f3n de datos de car\u00e1cter persoal.<\/p>\n<h2><strong>08. COOKIES<\/strong><\/h2>\n<p>Tam\u00e9n lle informamos de que para mellorar a s\u00faa experiencia de navegaci\u00f3n, xestionar o contido da s\u00faa cesta, ofrecerlle os nosos consellos personalizados e informarlle online das nosas ofertas para clientes, a nosa p\u00e1xina web utiliza dispositivos de implantaci\u00f3n de cookies e almacenamento de IP. A cookie \u00e9 un ficheiro que depositamos no seu equipo cuxo \u00fanico obxectivo \u00e9 simplificar a s\u00faa navegaci\u00f3n en www.patatasconde.com (esta cookie non pode conter virus nin ser executada, porque non \u00e9 un ficheiro activo). A cookie s\u00f3 pode ser lida por www.patatasconde.com e por vostede e, se quixer, pode borrala nas opci\u00f3ns do seu navegador. Consulte o men\u00fa de Pol\u00edtica de Cookies para m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<h2><strong>09. NORMATIVA EN MATERIA DE PROTECCI\u00d3N DE DATOS<\/strong><\/h2>\n<p>Os datos de car\u00e1cter persoal que nos proporciona o Usuario e os que nos facilite en calquera momento ser\u00e1n inclu\u00eddos nun ficheiro automatizado do que \u00e9 respons\u00e1bel PATATAS CONDE, coa finalidade de manter e desenvolver relaci\u00f3ns co Usuario e informarlle de futuras ofertas comerciais e publicitarias por calquera canle de comunicaci\u00f3n dispo\u00f1\u00edbel. Estes datos poder\u00e1n ser cedidos a outras empresas do grupo ou terceiros colaboradores de PATATAS CONDE, estean dentro ou f\u00f3ra do territorio espa\u00f1ol, e ofrezan un nivel de protecci\u00f3n equipar\u00e1bel ao establecido na normativa europea.<\/p>\n<p>O Usuario poder\u00e1, en calquera momento, exercer os seus dereitos de acceso, rectificaci\u00f3n, supresi\u00f3n de datos, portabilidade de datos, limitaci\u00f3n ou oposici\u00f3n ao seu tratamento, transparencia e dereito a non ser obxecto de decisi\u00f3ns automatizadas, nos termos establecidos na normativa vixente, dirix\u00edndose a PATATAS CONDE en <a href=\"mailto:calidad@patatasconde.com\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">calidad@patatasconde.com<\/a>, ou por tel\u00e9fono ao n\u00famero 988 462 477.<\/p>\n<p>A confidencialidade dos seus datos constit\u00fae para n\u00f3s o noso m\u00e1ximo compromiso, polo que as ideas, suxesti\u00f3ns ou calquera outra informaci\u00f3n que nos facilitar, ser\u00e1 utilizada exclusivamente para ofrecerlle un servizo mellor, cumprindo en todo momento o recollido en materia de protecci\u00f3n de datos de car\u00e1cter persoal.<\/p>\n<h2><strong>10. REXISTRO<\/strong><\/h2>\n<p>Para efectuar un pedido en PATATAS CONDE Online, os usuarios non poder\u00e1n rexistrarse e tan s\u00f3 cubrir\u00e1n os datos necesarios para a s\u00faa facturaci\u00f3n e env\u00edo.<\/p>\n<h2><strong>11. DISPO\u00d1IBILIDADE DOS PRODUTOS<\/strong><\/h2>\n<p>Os pedidos de produtos est\u00e1n suxeitos \u00e1 s\u00faa dispo\u00f1ibilidade. Neste senso, se se produciren dificultades de subministro de produtos ou se non quedaren artigos en stock, reserv\u00e1monos o dereito de facilitarlle informaci\u00f3n sobre produtos substitutivos de calidade e valor igual ou superior que vostede poder\u00e1 encargar. Se non desexa facer un pedido deses produtos substitutivos, reembolsar\u00e9moslle calquera cantidade que aboase. No caso de faltar stock, PATATAS CONDE res\u00e9rvase o dereito de cancelar o pedido logo de informarllo ao cliente.<\/p>\n<p>Reserv\u00e1monos o dereito a retirar, introducir e modificar en calquera momento os artigos expostos \u00e1 venda na nosa p\u00e1xina web.<\/p>\n<h2><strong>12. PROPIEDADE DO SITIO WEB<\/strong><\/h2>\n<p>Os elementos desta web foron dese\u00f1ados para vender produtos identificados coas marcas PATATAS CONDE e os seus derivados. A s\u00faa copia ou utilizaci\u00f3n non implica a transferencia de ning\u00fan dereito. En consecuencia, queda expresamente prohibida a reproduci\u00f3n, publicaci\u00f3n, transmisi\u00f3n, modificaci\u00f3n ou distribuci\u00f3n por calquera medio das unidades configuradoras (software inclu\u00eddo) deste sitio web.<\/p>\n<p>As fotograf\u00edas, imaxes, ilustraci\u00f3ns, dese\u00f1os, gr\u00e1ficos, iconas e calquera outro elemento que for parte da web son propiedade exclusiva de PATATAS CONDE.<\/p>\n<h2><strong>13. COBERTURA DA OFERTA<\/strong><\/h2>\n<p>Os artigos da tenda de PATATAS CONDE distrib\u00faense ao estados membros da Uni\u00f3n Europea: Espa\u00f1a. As persoas f\u00edsicas que non residiren no\/nos pa\u00eds\/es anteriormente mencionados s\u00f3 poder\u00e1n efectuar o servizo de compra online se o enderezo do env\u00edo do pedidor estiver nalg\u00fan dos pa\u00edses ou territorios sinalados.<\/p>\n<h2><strong>14. L\u00cdMITE DE COMPRA<\/strong><\/h2>\n<p>A compra de produtos PATATAS CONDE non est\u00e1 permitida para a s\u00faa posterior revenda. En consecuencia, non se poder\u00e1n realizar compras por un importe superior a 1500 euros. Os clientes interesados en realizar compras por un importe superior para outros fins distintos \u00e1 revenda, deber\u00e1n de po\u00f1erse en contacto co Servizo de Atenci\u00f3n ao Cliente, onde se lles facilitar\u00e1 a informaci\u00f3n referente a como realizar a compra desexada.<\/p>\n<h2><strong>15. LEXISLACI\u00d3N APLIC\u00c1BEL. SUBMISI\u00d3N AFOROS<\/strong><\/h2>\n<p>As compra-vendas realizadas en www.patatasconde.com est\u00e1n sometidas \u00e1 lexislaci\u00f3n espa\u00f1ola. No suposto de xurdir calquera conflito ou discrepancia na interpretaci\u00f3n ou aplicaci\u00f3n das presentes condici\u00f3ns contractuais, os Xulgados e Tribunais que, no seu caso, co\u00f1ecer\u00e1n o asunto, ser\u00e1n os que dispo\u00f1a a normativa legal aplic\u00e1bel en materia de xurisdici\u00f3n competente, na que se atende, trat\u00e1ndose de consumidores finais, ao lugar do cumprimento da obrigaci\u00f3n ou ao do domicilio da parte compradora.<\/p>\n<p>Se a parte compradora tiver o seu domicilio f\u00f3ra de Espa\u00f1a, ou se se tratar dunha compra-venda realizada por unha empresa que act\u00faa no marco da s\u00faa actividade empresarial ou profesional, ambas partes fican sometidas aos Xulgados e Tribunais de Ourense (Espa\u00f1a), con renuncia expresa a calquera outro foro.<\/p>\n<p>Neste senso, se a adquisici\u00f3n entre vostede e n\u00f3s se celebrou online a trav\u00e9s do noso sitio web, de acordo co Regulamento n.\u00ba 524\/2013 da UE, inform\u00e1moslle de que vostede ten dereito a solicitar con n\u00f3s unha resoluci\u00f3n extraxudicial de controversias en materia de consumo acces\u00edbel por medio do enderezo de Internet http:\/\/ec.europa.eu\/consumers\/odr\/<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Condici\u00f3ns de compra As condici\u00f3ns de compra (en adiante as Condici\u00f3ns) expostas deseguido regulan a venda dos produtos do sitio web \u201cwww.patatasconde.com\u201d ou tenda online presentado por Patatas Conde, S.L., (en adiante, PATATAS CONDE), con s\u00e9 social en Xinzo de Limia, Ctra. Nac. 525, Km&#8230;.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":{"footnotes":""},"class_list":["post-15623","page","type-page","status-publish","hentry"],"amp_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/15623","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15623"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/15623\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":219629,"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/15623\/revisions\/219629"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.patatasconde.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15623"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}