Tenda

Patacas para fritir

Patacas para fritir

18,2049,08

Estas patacas destínanse principalmente a elaboración de produtos de gran demanda como as patacas fritas, as chips, as tortillas de patacas…

4 bolsas5 bolsas6 bolsas7 bolsas8 bolsas9 bolsas10 bolsas11 bolsas12 bolsas13 bolsas
Reiniciar / Limpar selección
SKU: N/A Categories: , , ,
Description

As patacas especiais para fritir de Patatas Conde pertencen á variedade agria. Falamos dunha pataca ideal para a fritura. De feito é a variade reina para este tipo de preparación. Estas son patacas ovaladas e alongadas. A súa carne é amarela. Trátase dun produto coa pel fina e cuxo contido en azucres é baixo. Esta é unha das características que a converten na mellor pataca para fritir.

Estas patacas destínanse principalmente á elaboración de produtos amplamente consumidos coma as patacas fritas, as chips, as tortillas de patacas… Teñen gran demanda na industria alimentaria e nos fogares.

A orixe das patacas de variedade agria de Patatas Conde é sempre nacional. Na nosa tenda tamén contamos cun formato especial: as patacas para fritir nunha caixa de 10 kg.

Patacas para fritir. Características

  • Variedade: Agria
  • Calibre: 45-80 mm
  • Forma dos tubérculos: ovalada alongada
  • Pel fina
  • Cor da carne: amarelo

Como preparar patacas fritas?

  1. Para comezar pélanse as patacas e córtanse en tiras que rondarán os 6-7 mm de longo e alto.
  2. Logo lavamos as patacas con auga fría durante 5 minutos. Escorrémolas e deixámolas secar.
  3. Botamos aceite de oliva (virxe ou virxe extra) nunha tixola. Botaremos suficiente para cubrir as patacas e quencerémolo a 120º máis ou menos. Para saber se a temperatura é a axeitada, botaremos un anaco de pan no aceite. Se o anaco non sae a flote rapidamente, a temperatura será a axeitada.
  4. Cando o aceite estea listo, botamos as patacas pouco a pouco na tixola. Non queremos arrefriar o aceite.
  5. Fritimos durante 7 minutos. Logo retiramos as patacas e depositámolas no papel absorbente. As patacas aínda non debe estar douradas.
  6. Subimos a temperatura do aceite a 180º. Volvemos a botar as patacas e mantémolas ao lume durante 3-4 minutos. Conseguiremos así que se douren á perfección. O aspecto será espectacular.
  7. Volvemos escorrer as patacas antes de servilas.
  8. Unha vez teñamos feito todo isto, salamos e a gozar.
Additional Information
Peso N/A
Bolsas

4 bolsas, 5 bolsas, 6 bolsas, 7 bolsas, 8 bolsas, 9 bolsas, 10 bolsas, 11 bolsas, 12 bolsas, 13 bolsas