Tenda

Cachelos kg

Cachelos kg

A definición da palabra cachelo é similar en toda a xeografía de Galicia. No entanto, existen variacións no que a xente entende por cachelo dependendo da zona na que nos atopemos. Descúbreas.

Este produto non está dispoñible porque non quedan existencias.

SKU: N/D Categorías: , , , ,
Descripción

De onde veñen os cachelos?

Vas comprar cachelos para esa comida da fin de semana que estás organizando pero, sabes de onde vén a palabra cachelo? A definición de cachelo é similar en toda a xeografía galega. No entando, existen variacións, matices no que a xente entende por cachelo dependendo da zona na que nos atopemos.

No interior de Galicia os cachelos son patacas que se cortan en anacos e se cocen con sal e auga. Nos duros tempos da posguerra, os anacos ou cachos da pataca sobrantes do corte de brotes para sementar eran cocidos coa pel.

A acepción máis estendida no interior é a da pataca cortada en anacos, pero cun matiz. O corte non debe ser limpo, senón que debe escachar ou romper. Así é como se consegue o sabor característico do cachelo.

Nas zonas de costa da Coruña e Pontevedra, na coñecida como Galicia atlántica, o cachelo é a pataca cocida con pel en auga e con sal. Admítese a adición dunha folla de loureiro mentres se cocen as patacas.

A variedade da pataca máis estendida en Galicia é a pataca Kennebec. Tanto en Bergantiños como na Terra Chá como na nosa subzona: A Limia. Debido ás condicións climatolóxicas, as características dos nosos solos e os esmerados labores culturais da nosa xente, o produto obtido ten unha calidade culinaria excepcional. Xa coñeces a súa historia, pero para comprar cachelos tamén é importante coñecer as súas características.

Cachelos. Características

  • Variedade: Kennebec.
  • Forma dos tubérculos: redonda a oval.
  • Presenza de ollos moi superficiais.
  • Calibre: 45-80 mm
  • Pel lisa e fina de cor amarela clara.
  • Cor da carne: branca

Todas estas características están certificadas polo Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia.

Cando comprar cachelos?

Os Cachelos de Patatas Conde están dispoñibles a partir do mes de setembro e ata o mes de marzo.

Receitas con cachelos

Os cachelos galegos forman parte de numerosas receitas da nosa gastronomía. A pataca é un dos alimentos máis consumidos en Galicia. Por tanto, é natural dita presenza no recetario tradicional do noso país.

 

 

Additional Information
Bolsas

2 bolsas, 3 bolsas, 4 bolsas, 5 bolsas, 6 bolsas, 7 bolsas, 8 bolsas, 9 bolsas, 10 bolsas, 11 bolsas, 12 bolsas, 13 bolsas