A presente política de protección de datos regula o acceso e o uso do servizo do Sitio Web: www.patatasconde.com (en adiante, o Sitio Web), que Patatas Conde, S.L., (en adiante a Entidade) pon a disposición dos Usuarios (en adiante, os Usuarios) de Internet interesados nos contidos (en adiante, os Contidos) aloxados no Sitio Web, relacionados coa súa actividade e servizos, sendo estes meramente informativos. Patatas Conde S.L., prohibe, agás autorización por escrito, a reprodución, copia, uso, distribución, comercialización ou calquera actividade que puider realizarse cos contidos do seu sitio web.
Os usuarios que o solicitaren poden revogar, en calquera momento, o seu consentimento e/ou exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación, oposición, supresión, limitación e portabilidade. A estes efectos, informámoslle de que para exercer estes dereitos, deberá de remitir un correo electrónico cunha copia adxunta do seu DNI ao seguinte enderezo: info@patatasconde.com ou por medio de comunicación escrita e asinada (incluíndo copia do DNI) dirixida a Patatas Conde, S.L., Ctra. Nac. 525, Km. 200, 32630 Xinzo de Limia, Ourense. No caso de o Usuario cancelar e revogar o seu consentimento expreso para o tratamento dos seus datos de carácter persoal, a entidade poderá resolver a prestación do servizo que for no caso de ditos datos foren necesarios para unha óptima prestación do servizo. No suposto de problemas de calquera tipo relacionados co Sitio Web, así como para calquera tipo de dúbida ou controversia no tocante á nosa política de privacidade de datos, poderá dirixirse directamente ao noso correo electrónico ou ao seguinte enderezo:
Os datos persoais obtidos dos Accionistas por mor da xestión das súas participacións en Patatas Conde, S.L., pasarán a formar parte dos datos responsabilidade de Patatas Conde, S.L., Ctra. Nac. 525, Km. 200, 32630 Xinzo de Limia, Ourense. Esta entidade infórmalles da incorporación e tratamento dos seus datos coa finalidade antes indicada. En calquera caso, a política de privacidade de Patatas Conde S.L., permite exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación, oposición, supresión, limitación e portabilidade dirixíndose por escrito ao enderezo antes indicado.
Patatas Conde, S.L., reserva o dereito a modificar a presente política para adaptala a futuras novidades lexislativas ou xurisprudenciais, así como a prácticas do sector. En ditos supostos, anunciará nesta páxina os cambios introducidos con razoábel antelación a poñelos en práctica.
As cláusulas relativas á protección de datos de carácter persoal contidas nas condicións particulares que, no seu caso, subscribisen o usuario e Patatas Conde, S.L., prevalecerán en todo caso sobre a presente Política de Protección de Datos e Privacidade.
Patatas Conde, S.L., ten a obriga de non:
Consonte a normativa vixente de protección de datos, así como en materia de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, o usuario acepta incorporar nesta empresa os datos persoais achegados por medio do envío de correos electrónicos, coa finalidade de facilitar a prestación dos servizos solicitados, para a correcta identificación dos usuarios que solicitaren servizos personalizados, para a realización de estudos estatísticos dos usuarios rexistrados que permitiren deseñar melloras nos servizos fornecidos, para a xestión das tarefas básicas de administración, así como para mantelo informado, ben por correo electrónico ben por calquera outro medio, de novidades, produtos e servizos relacionados con Patatas Conde, S.L. No caso de comunicacións comerciais ou por medio de correo electrónicos ou medio equivalente, o usuario dá o seu consentimento expreso para o envío de publicidade a través de dito medio.
Patatas Conde, S.L. dispón de medios, como devasas de última xeración, filtrado de virus para controlar e evitar os accesos non autorizados e evitar o mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo de datos persoais. Patatas Conde, S.L. non será responsábel de posíbeis danos ou prexuízos que puideren derivar de interferencias, omisións, interrupcións, virus informáticos, avarías telefónicas ou desconexións no funcionamento operativo deste sistema electrónico, motivadas por causas alleas á Entidade; nin de atrasos ou bloqueos no uso do presente sistema electrónico causados por deficiencias ou sobrecargas de liñas telefónicas ou sobrecargas no C.P.D. (Centro de Procesos de Datos), no sistema de Internet ou noutros sistemas electrónicos, así como de danos que puideren ser causados por terceiras persoas por medio de intromisións ilexítimas fóra do control de Patatas Conde, S.L. Porén, o usuario debe de ser consciente de que as medidas de seguridade en Internet non son inexpugnábeis.
A visita a este Sitio Web non supón o usuario estar obrigado a facilitar ningunha información sobre si. No caso de o usuario fornecer algunha información de carácter persoal, os datos recollidos neste Sitio Web serán empregados coa finalidade, na forma e coas limitacións e dereitos que recolle o REGULAMENTO (UE) 2016/679 DO PARLAMENTO EUROPEO e a Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal dentro do marco da lexislación española. Os usuarios que facilitaren datos de carácter persoal, consenten inequivocamente a incorporación dos seus datos aos ficheiros que contiveren datos de carácter persoal, dos que será responsábel Patatas Conde, S.L., no enderezo antes indicado, así como o seu tratamento informatizado, ou non, coa finalidade de poder ser utilizados pola sociedade, cunha finalidade comercial de personalización, operativa e estatística e actividades propias do seu obxecto social. A entidade adoptou as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade e a integridade dos datos, así como para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado. No caso de os usuarios deste Sitio Web deberen facilitar o seu enderezo de correo electrónico para acceder a algúns dos servizos ofertados, poderán manifestar que non desexan recibir ningún tipo de comunicación que a Entidade puidese enviar, sempre que non estea ligada estritamente á finalidade para a que o servizo foi solicitado. Calquera cesión a terceiros dos datos persoais dos usuarios deste portal, seralle comunicada debidamente aos afectados especificando o tipo de actividade daquela persoa á que se lle pretende comunicar e a finalidade coa que se van tratar os datos.
Os datos recompilados, por medio dos formularios do Sitio Web ou outras vías, serán incorporados a un tratamento de datos de carácter persoal, do cal é responsábel Patatas Conde, S.L. Estes datos persoais recompílanse ora por medio de subscricións a boletíns do noso grupo empresarial ou webs asociadas, ora por medio de formularios de contacto ou ben porque solicitaron expresamente información ou ben porque o USUARIO ou CLIENTE nos facilitou os seus datos. Os datos só serán utilizados puntualmente coa finalidade de realizar a relación CLIENTE/EMPRESA. Patatas Conde, S.L. non vende, aluga nin pon a disposición de terceiros, os datos persoais dos usuarios. A recollida dos datos persoais ten como finalidade a correcta identificación dos usuarios que solicitan servizos personalizados a Patatas Conde, S.L., así como a realización de tarefas comerciais e de mercadotecnia, orientadas a satisfacer a potencial demanda dos clientes. Patatas Conde, S.L., tratará os datos de forma confidencial e exclusivamente coa finalidade de ofrecer os servizos solicitados, con tódalas garantías legais e de seguridade que impón o Regulamento Xeral de Protección de Datos 679/2016 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016, o Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro e a Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico. Igualmente, Patatas Conde, S.L., cancelará ou rectificará os datos cando resultaren inexactos, incompletos ou deixaren de ser necesarios ou pertinentes para a súa finalidade, de conformidade co previsto no RGPD 679/2016 de 27 de abril, de Protección de Datos de Carácter Persoal. O usuario poderá revogar o seu consentimento e exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación, oposicións, dereito ao esquecemento e dereito á portabilidade, dirixíndose ao enderezo de correo electrónico: info@patatasconde.com, ou ben por medio dun escrito ao enderezo, Patatas Conde, S.L., Ctra. Nac. 525, Km. 200, 32630 Xinzo de Limia, Ourense, indicando o seu nome, apelidos e número de D.N.I. con expresa indicación do dereito que quixer exercer. Se, nalgún momento, o usuario decide que non quere recibir mensaxes por correo electrónico, poderá exercer o seu dereito de cancelación e renuncia á recepción destes, por medio dun enlace habilitado a tal efecto en tódalas comunicacións, en conformidade co disposto no Título III, artigo 22 da Lei 34/2002, de Servizos para a Sociedade da Información e de Comercio Electrónico. Patatas Conde, S.L. adopta os niveis de seguridade correspondentes requiridos polo citado RGPD 679/2016 e demais normativa aplicábel. Porén, non pode garantir a absoluta invulnerabilidade dos sistemas e, polo tanto, non asume ningunha responsabilidade polos danos e prexuízos derivados de alteracións que terceiros puideren causar nos sistemas informáticos, documentos electrónicos ou ficheiros do usuario. Patatas Conde, S.L., resérvase o dereito a modificar a presente política para adaptala a novidades lexislativas ou xurisprudenciais, así como a prácticas da industria e/ou comercio. Nestes supostos, Patatas Conde, S.L. anunciará nesta páxina os cambios introducidos.
O presente sitio www.patatasconde.com, titularidade de Patatas Conde, S. L. utiliza cookies propias e de terceiros para realizar unha análise da navegación dos usuarios, mellorar a súa experiencia e ofrecer contidos adaptados aos seus intereses, por medio da personalización de espazos publicitarios. O usuario que se rexistre na web e/ou simplemente navegue na mesma (co navegador habilitado para aceptar cookies) acepta a instalación de cookies, a menos que se opoña a isto, tal e como se informa na nosa Política de Cookies. Pode configurar o seu navegador para recibir aviso en pantalla da recepción de cookies e aceptalas, ou non, individualmente, así como para impedir por defecto a súa instalación. No noso sitio web pode encontrar enlaces a outros portais mais, por favor, recorde que non exercemos ningún control sobre estes portais ou sitios web, nin somos responsábeis do seu contido nin das cookies que utilizaren.
Unha “cookie” é un pequeno ficheiro de texto que un sitio web almacena no navegador do usuario. As cookies facilitan o uso e a navegación por unha páxina web e son esenciais para o funcionamento de internet, pois achegan innumerábeis vantaxes na prestación de servizos interactivos. As cookies utilízanse, por exemplo, para xestionar a sesión do usuario (reducindo o número de veces que ten que introducir o seu contrasinal), mellorar os servizos ofertados ou para axustar os contidos dunha páxina web consonte as súas preferencias. As cookies poden ser de “sesión”, é dicir, bórranse após o usuario abandonar a páxina web que as xerou ou “persistentes”, que permanecen no seu ordenador até unha data determinada. Do mesmo xeito, as cookies poden ser “propias”, xestionadas polo dominio ao que accede o usuario e do que solicita un determinado servizo (neste caso os dominios titularidade de Vodafone), ou “cookies de terceiros”, enviadas ao equipo de usuario dende un dominio diferente ao que se accede.
Cookies analíticas A fin de reunir estatísticas sobre a actividade do usuario cando visita a páxina e actividade xeral de dita páxina. A información recompilada é anónima e permite optimizar a navegación pola nosa páxina web e garantirlle o mellor servizo ao usuario. Para analizar a nosa páxina empregamos cookies propias e de terceiros. O usuario pode excluír a súa actividade por medio dos sistemas de exclusión facilitados polas ferramentas analíticas. As cookies utilizadas para isto (_utma, _utmb, _utmc, _utmt y _utmz) son cookies de terceiros. Cookies de uso interno Para o funcionamento da web. Empregamos cookies para: permitir a autenticación do usuario; manter a sesión cando navegar pola páxina; contratar un produto ou servizo; establecer as preferencias do idioma seleccionadas polo usuario ou xestionar o acceso do usuario ao centro de soporte. A desactivación destas cookies, por medio de bloqueo de cookies nas opcións do navegador, pode impedir algunhas funcionalidades da web funcionaren correctamente. Cookies usadas por redes sociais Os botóns de redes sociais permítenlle ao usuario compartir contidos do seu interese co seu círculo social. As cookies empregadas polas redes sociais evitan o usuario ter que introducir de novo o seus datos para compartir estes contidos. Ditos botóns non teñen acceso aos datos introducidos polos usuarios cando compartiren un contido nunha rede social. Cookies empregadas por complementos externos de contido Contidos ou servizos fornecidos por terceiros provedores como, por exemplo, vídeos aloxados en YouTube ou aplicacións de Google Maps, para a nosa localización física. As cookies empregadas por estes provedores son necesarias para o usuario poder acceder a este servizo e réxense polo disposto nas súas respectivas políticas de cookies.
O usuario ten a opción de permitir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo, por medio da configuración do navegador instalado no seu terminal.
Máis información sobre Google Chrome
Máis información sobre Mozilla Firefox
Máis información sobre Internet Explorer Se vostede bloquear o uso de cookies na súa computadora, é posíbel que algúns servizos ou funcionalidades da páxina web non estean dispoñíbeis. Nalgúns navegadores, é posíbel configurar regras específicas para administrar cookies por sitio web, deste xeito é máis preciso controlar a privacidade. Isto significa que é posíbel inhabilitar cookies de tódolos sitios agás daqueles nos que se confíe. Complemento de inhabilitación para navegadores de Google Analytics Se desexa rexeitar as cookies analíticas de Google Analytics en tódolos navegadores, de xeito que non se envíe información súa a Google Analytics, pode descargar un complemento que realiza esta función desde este enlace: https://tools.google.com/dlpage/gaoptout.
Esta espazo web utiliza cookies para asegurarlle a mellor experiencia ao usuario. O espazo web está configurado para permitir tódalas cookies. Se vostede non cambiar esta configuración, entendemos que acepta usar as cookies.